O deputado provincial Javier Tourís recibe en Areeiro a estudantes do CFEA de Lourizán

O centro de investigación ofrece recursos cruciais para o combate a pragas e enfermidades vexetais na provincia de Pontevedra

O deputado provincial Javier Tourís recibe en Areeiro a estudantes do CFEA de Lourizán

O deputado provincial encargado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e da Finca Areeiro da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, recibiu un grupo de estudantes do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural do CFEA de Lourizán nas instalacións da Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Durante a visita, Tourís destacou a importancia do labor investigador que se leva a cabo neste “centro de investigación de referencia da Deputación de Pontevedra, que ofrecemos ao servizo de profesionais dos sectores agrícola, forestal e natural da provincia”. Ademais, o deputado lembrou que o equipo técnico de Areeiro se dedica, entre outras actividades, a identificar as pragas e enfermidades que afectan aos cultivos e a desenvolver estratexias para o seu control.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información