Estas son as 19 vacas que mañá martes se poxarán na Finca Mouriscade, en Lalín

A granxa Finca Mouriscade, da Deputación de Pontevedra, é a quinta mellor explotación gandeira de toda España

Estas son as 19 vacas que mañá martes se poxarán na Finca Mouriscade, en Lalín

A Deputación de Pontevedra celebra este martes,  2 de abril na Finca Mouriscade, a partir das 11:00 horas, unha poxa de animais da gandería de Mouriscade na que se ofertarán 19 vacas de raza frisoa cun prezo de saída de 1.750 euros.

A poxa está aberta a persoas físicas ou xurídicas inscritas no Rexistro de Explotación Gandeira, que tiveron que inscribirse previamente para poderen participar. As ofertas que realicen non poderán ser inferiores ao prezo de saída e, a partir dese importe, o incremento deberá facerse de viva voz, alzando o cartel co número de identificación da persoa licitadora e en tramos de 50 euros. O proceso rematará no momento en que deixen de presentarse novas ofertas, quedando como licitadora quen realizase a poxa máis elevada. No caso de empate, resolverase por sorteo.

POXA MOURISCADE 24 1 POXA MOURISCADE 24 2 POXA MOURISCADE 24 3 POXA MOURISCADE 24 4 POXA MOURISCADE 24 5 POXA MOURISCADE 24 6 POXA MOURISCADE 24 7 POXA MOURISCADE 24 8 POXA MOURISCADE 24 9 POXA MOURISCADE 24 10

A quinta mellor granxa de España en calidade xenética dos seus animais

A granxa da Finca Mouriscade é a quinta mellor explotación gandeira de toda España. En menos de tres anos, a gandería dependente da Deputación de Pontevedra pasou do posto número 35 ao 5 no índice combinado ICO, que avalía a calidade xenética dos animais. Esta clasificación apuntala o centro como unha referencia no sector agrogandeiro nacional e sitúao só por detrás de dúas ganderías barcelonesas, unha coruñesa (terceira) e a lalinense G. B. Gandería.

As tenreiras que naceron en Mouriscade a partir dos últimos embrións, así como o traballo realizado polos profesionais do laboratorio, están a contribuír de xeito decisivo á mellora xenética das ganderías da provincia. Nestes momentos Mouriscade conta con varias reses entre as mellor puntuadas de España.

Descarga aquí o catálogo da poxa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información