O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ven de publicar o informe sobre entregas e prezos do leite de vaca correspondente ao mes de outubro no que se confirma o incremento da produción con respecto ao mesmo mes de 2022 grazas á estabilización nos prezos do leite, que frearon a caída dos últimos meses.
Así, a media foi de 0,517 euros o litro a nivel estatal -en setembro foi de 0,515- mentres que en Galicia o prezo medio en outubro foi de 0,491 euros o litro, lixeiramente por riba dos 0,489 de setembro.
Polo que respecta á produción, as entregas en outubro no conxunto de España ascenderon a 590963 toneladas, o que supón unha suba do 0,8% respecto ao mesmo mes de 2022. No acumulado xaneiro-outubro a produción de leite en España repunta un 0,04% respecto ao mesmo período do ano pasado.
Por último, e no relativo ás calidades do leite, a media en outubro situouse no conxunto do Estado no 3,79 % de graxa e 3,39 % de proteína. En Galicia, como ven sendo habitual, os sólidos lácteos foron superiores, non só na graxa, cun 3, 88%, senón agora tamén na proteína, cun 3,40%.
O prezo do leite ecolóxico mantense sen cambios nos 0,639 euros o litro.
Prezos do leite en Galicia no mes de outubro por volume de entregas das granxas: