Seguen recuperándose as cotizacións dos produtos lácteos e o prezo do leite queda en 0,435 euros en outubro na UE

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta semana do leite en po, do queixo e manteiga na UE, no que se confirma unha recuperación dos prezos, especialmente da manteiga, coincidindo tamén coas menores entregas de leite nesta estación. Pola contra, o queixo segue á baixa.

O prezo medio do leite en Europa no mes de outubro prevese que quede nos 0,435 euros o litro, un 20% menos que hai un ano.

No territorio comunitario as cotizacións desta semana para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 497 €/100 kg, +4,3 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 263 €/100 kg, +3,8 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 362 €/100 kg, +3.7 % ,,
-Queixo cheddar: 348 € /100 kg -2,7%

Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia subiu tamén esta semana até os 0,548 euros o litro.

PREZOS LACTEOS UE NOVEMBRO 23 1

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa nternacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a desta semana cunha caída dos prezo dos produtos lácteos do 0,7%. Así, houbo unha baixada do 2,7% no leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación-, mentres que o desnatado encareceuse un 2,3% respecto á última poxa. A cotización da manteiga subiu un 3,5%.

PREZOS LACTEOS FONTERRA NOVEMBRO 23 1

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información