Kergo Ozalid 6818 proclamouse esta mañá en Lalín (Pontevedra) como Vaca Gran Campioa do Open Internacional da Raza Frisoa, Feiradeza 2023, que se celebrou no Lalín Arena durante toda a fin de semana. O lugués, Bonet Cid, xuíz internacional de Conafe encargado de xulgar o certame, escolleu este animal como vencedora do Open Feiradeza entre outros motivos pola súa boa estrutura leiteira.
O animal gañador é un exemplar procedente da gandería A Lagoa Serabel, de Xermade (Lugo). Precisamente, minutos antes de ser escollida como mellor vaca, o gandeiro Abel Carballo Penas, propietario do animal, recibía a distinción como mellor manexador do concurso. A vaca Rey 946 Jacoby Mahendra da SAT Rey Miñotelo, da Pastoriza (Lugo), quedou como Reserva Gran Campioa do Open.
Mentres, como vaca Gran Campioa de Feiradeza resultou gañadora Baroncelle Classic Rula, da gandería Rato, de Rodeiro (Pontevedra), que tamén na edición pasara acadara este premio con outro animal. Como vaca Reserva de Feiradeza resultou escollida Carballeiras Apply Whitney, un animal procedente da gandería lalinense SAT Carballeiras.
Nesta 38 edición de Feiradeza participaron un total de 18 ganderías, todas elas galegas e boa parte da comarca do Deza, onde se asentan 9 das granxas. No concurso estaban inscritos uns 144 animais, aínda que finalmente non todos chegaron a entrar en pista por distintos motivos.
Concurso de manexadores, xatas e xovencas
O certame de Feiradeza e o Open deron xa comezo o venres, co concurso de preparadores mozos de gando. Lorena Rodríguez Alvite, de Pol (Lugo) resultou a gañadora. En segundo posto quedou Xabi Montes Vilar, de Rodeiro (Pontevedra) e no terceiro posto situouse Simón Blanco Vázquez, de Dumbría (A Coruña).
Na xornada do sábado foi quenda para os novos manexadores onde resultou campión Llorens Bosch Pons, como subcampión quedou Anxo Pérez Hermida e Claudia López García recibiu a mención de honra.
Durante a xornada do sábado valoráronse ademais as seccións de xatas e xovencas. Rey 1085 Moovin Soly ET, de Rey de Miñotelo, foi elixida como Gran Campioa do Open Feiradeza 2023. Quedou na reserva Casa-Nova Motomami Mr Happen, da Gandería Carro SL, de Mesía (A Coruña).
Na tarde do sábado tamén se celebrou un novo concurso de manexo de tractores. Nesta demostración de habilidades coa maquinaria agrícola resultou como gañador Adrián Doval, veciño de Lalín que rematou o percorrido no menor tempo e sen tirar ningún obstáculo. Os tamén lalinenses Rubén Madriñán e Daniel González quedaron en segundo e terceiro lugar.
-Campioa: Carballeiras Moovin Concava. Gandería Carballeiras (Lalín, Pontevedra) -Campioa: Casa-Nova Motomami Mr Happen. Gandería Carro (Mesía, A Coruña) -Campioa: Carballeiras Hannas Lolita. Gandería Carballeiras (Lalín, Pontevedra) -Campioa: Rey 1085 Moovin Soly ET. Sat Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo) -Campión: Gandería Carballeiras (Lalín) -Campión: Gandería Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo) -Campioa: Carballeiras Moovin Concava. Gandería Carballeiras (Lalín, Pontevedra) -Campioa: Rey 1085 Moovin Soly ET. SAT Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo) -Campioa. Baroncelle Classic Rula. Gandería Rato (Rodeiro, Pontevedra) -Campioa. Cundins Adele Moovin ET. Gandería Pistulario S.L. (Santa Comba, A Coruña) -Campioa. Carballeiras Apply Whitney. Gandería Carballeiras. (Lalín, Pontevedra) -Campioa. Kergo Ozalid 6818. Gandería A Lagoa Serabel. (Xermade, Lugo) 1. Pozosaa Atwood 7128 Tamara. Gandería Casa Pozo. (Saa, Lugo) Gandería Rato (Rodeiro, Pontevedra) Gandería Carro (Mesía, A Coruña) Casanova Electra Lamborgini. Gandería Carro (Mesía, A Coruña)Premiados no resto de categorías de Feiradeza 2023
Sección xata Campioa Feiradeza 23
-Subcampioa: Baroncelle Ayden Daenerys. Gandería Rato (Rodeiro, Pontevedra)
Sección xata Open
-Subcampioa: Rey 1193 Haxl Zynal. SAT Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo)
Sección xovenca Feiradeza 23
-Subcampioa: Carballeiras Moovin Alicia. Gandería Carballeiras (Lalín, Pontevedra)
Sección xovenca Open
-Subcampioa: Rey 1065 Thunderstorm Rosiña. Sat Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo)
Sección Mellor criador de xovencas Feiradeza 23
-Subcampión: Gandería Rato (Rodeiro)
Sección Mellor criador de xovencas Open
-Subcampión: Gandería Carro (Mesía, A Coruña)
Sección Xovenca Gran Campioa Feiradeza 23
-Reserva: Baroncelle Ayden Daenerys, Gandería Rato (Rodeiro, Pontevedra)
Sección Xovenca Gran Campioa Open
-Reserva: Casa-Nova Motomami Mr Happen. Gandería Carro (Mesía, A Coruña)
Sección Vaca nova Campioa Feiradeza 23
-Subcampioa. Baroncelle Doorman Melania. Gandería Rato (Rodeiro, Pontevedra)
Sección Vaca nova Campioa Open
-Subcampioa. Casa nova Valan Doorman 1463. Gandería Carro. (Mesía, A Coruña).
Sección Vaca intermedia Campioa Feiradeza 23
-Subcampioa. Baroncelle Sidekick Princy. Gandería Rato (Rodeiro, Pontevedra)
Sección vaca intermedia Open
-Subcampioa. Rey 946 Jacoby Mahendra. Gandería Sat Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo)
Vaca en produción con lactación vitalicia de 65.000 quilos ou máis
2. Pozosaa Krusader 9450 Xela. Gandería Casa Pozo. (Saa, Lugo)
Mellor criador Feiradeza 23
Gandería Carballeiras (Lalín, Pontevedra)
Mellor Criador Open
Gandería Rato (Rodeiro, Pontevedra)
Mellor descendencia de vacas
Casanova Salma Crushabullet. Gandería Carro (Mesía, A Coruña)