A vaca frisoa con mellor xenética de España é dunha gandaría da Pastoriza

Publicadas as novas probas CONAFE + MACE e GMACE Decembro 2023

Xa están dispoñibles as valoracións, nacionais tanto xenómicas como tradicionais, e internacionais MACE e G-MACE no buscador de touros da web e aqueles touros debidamente rexistrados en CONAFE a través de SINBAD. Tamén se actualizaron os valores no programa de axustes CONAFEMAT, polo que a partir de hoxe o servizo de axustes de CONAFE xa traballa con estas probas actualizadas.

Entre as 1000 mellores vacas por ICO de España o primeiro posto ocúpao SAT AGOSTO DAR. CROWN SELMA ETL TV TD TR, con 1302 puntos e pertencente á gandaría SAT Agosto Darriba, da Pastoriza (Lugo).

Pola súa banda a mellor xovenca xenómica de España tamén é doutra gandaría lucense, Casa Gabino SC, de Friol: Trátase de CASAGABINO PRECISIO.MEI FIV ET , nacida este 2023, e que suma 1382 puntos.

conafe vacas iCO DECEMBRO 23 conafe xovencas IiCO NOVEMBRO 23

Estes son as listaxes completas de:

1000 Mellores Vacas por ICO

1000 Mellores Vacas por IGT

1000 Mellores Vacas por IM€T LEITE

1000 Mellores Xovencas Xenómicas por ICO

1000 Mellores Xovencas Xenómicas por IGT 1000

Mellores Xovencas Xenómicas por IM€TLEITE

Nas listaxes internacionais inclúese o acrónimo da empresa propietaria ou importadora daqueles touros que están debidamente rexistrados en CONAFE para a súa comercialización en España.

Desde CONAFE lembran aos gandeiros colaboradores que os touros que usen deben estar rexistrados para evitar problemas á hora de dar de alta ás súas fillas. Esta listaxe actualízase tres veces ao ano, se o touro non aparece como rexistrado consulte co seu distribuidor ou coa oficina de CONAFE se este trámite xa foi realizado.

En total están avaliados 174.869 touros Holstein. Destes, en caracteres de produción 4.912 teñen proba nacional con fillas, 5.039 proba nacional sen fillas (só xenómica), 157.114 proba MACE e o resto proba GMACE.

Tamén se publicaron a listaxe de 1000 mellores touros (Proba Nacional ou MACE) con fiabilidade igual ou superior ao 80% en produción ou tipo e a listaxe de 1000 mellores touros que non alcanzan aínda o 80% de fiabilidade en produción ou tipo e que teñan proba nacional ou proba MACE, segundo os requisitos publicados.

Para realizar a avaliación xenética tradicional de decembro 2023 utilizáronse os datos do Control Leiteiro Oficial e os datos das cualificacións dispoñibles a mediados de setembro, e son os seguintes:

Cualificacións: 2.854.351

Produción: 8.087.684

Lonxevidade funcional: 7.000.000

Rec. Cél. Somáticas: 7.965.670

Días abertos: 2.122.738

Velocidade de muxido: 1.615.464

Fluxo de muxido 629.770

Facilidade de Parto 1.365.249

Saúde Podal 1.367.409

Respecto das avaliacións xenómicas a poboación de referencia aumenta até 42.851 touros genotipados con proba de descendencia polo menos en produción. O número de animais genotipados e avaliados foi de 216.212 incluíndo a poboación española formada por 4.048 machos con código ESP e 164.135 femias.
O valor media dos 200 touros top publicados no catálogo nacional para o novo índice combinado ICO é de 1212, o valor medio dos 100 mellores touros probados españois sitúase nos 1208 e o dos 100 mellores touros xenómicos españois alcanza os 1311. Hai que lembrar que os resultados das avaliacións xenéticas non son comparables a avaliacións previas,
Respecto ao resto de índices as referencias para touros probados e xenómicos serían:

 

 

 

IM€TLECHE

IM€TQUESO

IM€TPASTO

IM€TECO

Genómicos

348 €

465 €

180 €

290 €

Probados

247 €

334 €

129 €

212 €

 

 

Lembran que estes índices se expresan en euros de Rendibilidade por vaca e ano.

Tamén están dispoñibles as valoracións e listaxes de touros Nacionais, MACE e G-MACE no buscador de touros da web e aqueles touros debidamente rexistrados en CONAFE a través de SINBAD. Tamén se actualizaron os valores no programa de axustes CONAFEMAT.

s valoracións internacionais aquí presentadas son as probas oficiais dos touros en España e permite de forma independente e obxectiva comparar o nivel xenético dos touros de diferentes orixes na mesma escala na que se avalían as femias da súa gandaría. É sen dúbida unha ferramenta perfecta para tomar decisións con criterio.

Por último, desde CONAFE lembran aos gandeiros colaboradores que os touros que usen deben estar rexistrados para evitar problemas á hora de dar de alta ás súas fillas. Esta listaxe actualízase tres veces ao ano, se o touro non aparece como rexistrado consulte co seu distribuidor ou coa oficina de CONAFE se este trámite xa foi realizado, actualmente temos rexistrados en CONAFE 6.609 touros que poden ser consultados e poden ser utilizados en axustes co programa CONAFEMAT.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información