A adega Gran Bazán (Vilanova de Arousa, Pontevedra) foi unha das pioneiras en elaborar na D.O Rías Baixas albariños con maceración. Falamos co seu enólogo, Diego Ríos, e coa súa responsable de exportación, Cristina Domínguez, para contarvos como traballan. Gran Bazán distinguiuse tamén nos últimos anos por proxectos de conservación da biodiversidade. Así, entre outras medidas, traballan o viñedo con cubertas vexetais e eliminaron o uso de insecticidas, substituídos por trampas de feromonas.
Outro fito da adega chegou no verán do 2022, coa recepción do selo Galicia Calidade, que se suma ós distintivos e recoñecementos que veu recibindo a adega nos últimos anos. Na Cata de Viños de Galicia 2022, por exemplo, o seu Don Álvaro de Bazán conseguiu alzarse co Acio de Ouro na sección de Viños de Colleitas anteriores, obtendo desta maneira o máximo recoñecemento na súa categoría. Mentres, o viño Limousin foi distinguido co Acio de Prata na categoría de Viños de Elaboracións con madeira.
- Peza elaborada en colaboración con Galicia Calidade
Adegas Granbazán, pioneiros na maceración da uva e a crianza en barrica en Rías Baixas