Prezo de 10.367 euros por un boi en Silleda, segundo no ránking histórico de cotizacións

Prezo de 10.367 euros por un boi en Silleda, segundo no ránking histórico de cotizacións

Exemplar vendido esta mañá por un prezo histórico de 10.367 euros.

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca viviu este martes unha xornada de prezos récord, cun boi que acadou o segundo valor máis alto na historia do mercado. Trátase dun animal mestizo nacido en novembro de 2018 e que procedía dunha gandería de Aranga (A Coruña).

O exemplar foi vendido por 10.367 euros, de xeito que por encima deste valor só se sitúa outro boi que acadou os 10.469 euros, o 1 de marzo do ano pasado.

O boi foi adquirido pola empresa Frigoríficos Bandeira, situada tamén en Silleda, a escasos quilómetros do recinto feiral. A firma está especializada na comercialización do vacún, sobre todo no vacún maior de calidade, e é un dos compradores habituais na Central.

Prezos medios de récord

Este prezo máximo tamén contribuíu a que hoxe se acadase o récord absoluto no valor medio do vacún maior. O prezo de referencia situouse esta mañá en 1.915,24 euros, pasando a ser o maior ata o momento, ao superar os 1.769,21 euros do pasado 28 de marzo.

Ademais, na xornada deste martes tamén se acadou outro máximo absoluto no prezo medio da recría. Así, o prezo medio da sesión foi de foi de 316,87 euros, de maneira que se superan os 310,30 euros da semana pasada. Hai que remontarse ata finais de marzo do 2015 para localizar o valor máis alto, que se situaba daquela nos 309,66 euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información