Carne

Subas na recría no mercado de gando de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/04/2023 2:55 p.m.

O Mercado de gando de Amio celebrado esta mañá rexistrou subas de 5 euros nos prezos da recría, tanto de raza Frisoa coma nos cruces industriais, tal e como se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á feira.

Ademais, tamén houbo subas, de 10 céntimos nos prezos das canais de vacún mediano clasificados como O e de 20 céntimos para o vacún maior desa mesma categoría. Por razóns de axuste técnico, tamén se incrementaron 1 euro o prezo das canais de vacas especiais.

En canto á asistencia, houbo 1.601 reses, o que supón 208 menos que a sesión da semana pasada. En concreto contabilizáronse 1.353 cabezas de vacún menor, 133 máis que na sesión anterior. Houbo 95 de vacún mediano (20 máis) e 153 de vacún grande (55 máis que a semana pasada).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Mentres, as mesas de prezos de Ternera Gallega acordaron manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades dese gando.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (12-IV- 2023).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada