Curso gratuíto a vindeira semana en Betanzos de elaboración de queixos e derivados lácteos

Cunha duración de 20 horas, será impartido polo mestre afinador José Luis Martín e está dirixido tanto a traballadores e traballadoras en activo como a persoas demandantes de emprego

O Sindicato Labrego Galego organiza para a vindeira semana un curso sobre elaboración de queixos e derivados lácteos dirixido tanto a persoas traballadoras como a demandantes de emprego. 

O curso terá lugar entre o luns 13 e o venres 17 de xuño en Betanzos, na rúa Saavedra Meneses, 50 baixo. Trátase dun curso gratuíto e o encargado de impartilo será José Luis Martín, un mestre de prestixio internacional.

A duración do curso será de 20 horas e aínda quedan prazas para o horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. Para máis información ou realizar a inscrición pódese contactar por whatsapp no número 687645907 ou enviar un email a tecnicabetanzos@sindicatolabrego.com.  

curso queixos SLG en Betanzos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información