Convocada unha nova edición dos Premios Galicia Alimentación

O galardón recoñece e visibiliza as mellores prácticas en emprendemento, dixitalización, innovación, sustentabilidade, mercadotecnia e internacionalización do sector

Convocada unha nova edición dos Premios Galicia Alimentación

Imaxe dunha anterior entrega dos Premios Galicia Alimentación do Clusaga. / Arquivo.

O Cluster Alimentario de Galicia (Clusaga) convoca, por sétimo ano consecutivo, os Premios Galicia Alimentación co obxectivo de recoñecer e visibilizar as mellores prácticas en emprendimiento, dixitalización, innovación, sustentabilidade, mercadotecnia e internacionalización do sector, a través de tres categorías: produto innovador, proxecto empresarial ou institucional e estratexia de mercado. 

O prazo de presentación de candidaturas remata o 1 de xuño de 2021 ás 14.00 horas

O obxectivo é contribuír a promocionar os produtos alimentarios e as bebidas, os proxectos e as empresas e institucións relacionados, mellorar a súa imaxe e posición de maneira que adquiran unha importancia relevante tanto dentro do sector alimentario, como da sociedade en xeral. Búscase estimular aos diferentes elementos da cadea alimentaria na produción, transformación, distribución, utilización, coñecementogalicia e consumo destes alimentos, así como, recoñecer o seu esforzo comercial, innovador, de desenvolvemento sustentable. O prazo de presentación de candidaturas vai dende o 7 de abril ao 1 de xuño de 2021 ás 14.00 horas.

Premio ao produto innovador

O Premio Galicia Alimentación ao produto innovador recoñece a calidade diferenciada a través do desenvolvemento de novos produtos caracterizados pola súa innovación, o seu potencial comercial, o seu deseño, a súa posibilidade de agregar valor aos produtos galegos e en particular a adaptación ás demandas do consumidor, con especial atención á relación entre nutrición e saúde

Premio ao proxecto empresarial ou institucional

O Premio Galicia Alimentación ao proxecto empresarial ou institucional recoñece os proxectos, institucións, organizacións ou empresas que se caracterizan pola súa innovación na organización, produción e/ou modelo de negocio; desenvolven produtos ou servizos innovadores no ámbito da cadea de valor dos alimentos e bebidas, incluíndo o desenvolvemento tecnolóxico cara á fábrica do futuro 4.0 e cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS); ou sobresaen polo seu carácter emprendedor e cooperativo e a súa visión estratéxica.

Premio á estratexia de mercado

O Premio Galicia Alimentación á estratexia de mercado e internacionalización está dirixido a galardoar o esforzo de empresas e organizacións da industria de alimentación e bebidas para acceder, desenvolver e consolidar a súa posición no mercado nacional e internacional. Valórase a innovación na estratexia de internacionalización, a evolución e dinamismo e o desenvolvemento do seu plan de mercadotecnia para o posicionamento en novos nichos e a orientación ao consumidor, adaptándose ás novas tendencias de consumo.

Os premios

Os premios consistirán nunha escultura acreditativa. Se o galardoado na categoría de proxecto empresarial fose unha entidade de nova creación, cunha antigüidade menor a cinco anos, beneficiarase así mesmo da pertenza a Clusaga durante un ano e de apoio no desenvolvemento do seu plan de empresa. Quen recibisen un galardón poderán facer mención do premio nas súas accións de promoción e de publicidade, facendo sempre referencia de forma destacada ao premio, edición e entidades convocantes e colaboradoras do mesmo. O Clúster Alimentario de Galicia contará coa colaboración de quen reciban os galardóns para as diferentes accións de promoción que desenvolva.

O Clúster Alimentario de Galicia leva organizando desde o ano 2014 os Premios Galicia Alimentación co apoio de colaboradores e patrocinadores de carácter público e privado. Para presentar candidaturas podes premer nesta ligazón .Débese descargar a folla de inscrición correspondente a cada categoría que aparece na páxina oficial, cumprimentala, asinala e achegala no formulario que figura alí. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información