O Clúster Alimentario de Galicia estará presente no Mercado de Abastos de Santiago do 12 ao 19 deste mes

Trátase dun espazo de promoción conxunta que se inaugura o vindeiro martes na Nave 6 do Mercado de Santiago de Compostela. Poderase visitar ata o 19 de setembro, e ten como finalidade de promocionar os productos das once empresas socias que colaboran ca iniciativa

O Clúster Alimentario de Galicia estará presente no Mercado de Abastos de Santiago do 12 ao 19 deste mes

Mercado de Abastos de Santiago de Compostela. // Fonte: Imaxe cedida por Turismo de Santiago

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) estará presente na Nave 6 do Mercado de Abastos de Santiago xunto a once empresas socias que colaboran coa iniciativa. A finalidade é facer unha promoción conxunta de produtos galegos, nos que o posicionamento das diferentes marcas contribúe a proxectar a marca Galicia e dá continuidade as estratexias de marketing e comercialización destas empresas. 

O local inaugurase o vindeiro martes e durante a xornada ofreceranse catas e degustacións dos produtos destas entidades, en horario de 9.30 a 14.30 horas. As persoas que se acheguen aos postos coñecerán de primeira man alimentos e bebidas das diferentes marcas e poderán recibir agasallos ou participar no sorteo de experiencias de turismo industrial ou gastronómico, entre outras actividades.

Deste xeito, baixo o reclamo “Na túa despensa, o mellor de Galicia”, Bódegas Martín Códax, Cafés Candelas, Cuevas Marrón Glacé, El Nogal, Granbazán, Larsa, Méndez-Rojo, Pazo do Queixo, Quescrem, Real Conservera Española e Torre de Núñez estarán presentes neste espazo do 12 ao 19 de setembro.

Esta primeira acción promocional, organizada dende a Área de Mercados e Internacionalización de Clusaga, conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, o Centro Superior de Hostalaría de Galicia, Asociación Hostalaría Compostela e Socivi. Ademais, están involucradas nas outras entidades socias de Clusaga como o Consello Regulador da DOP Arzúa – Ulloa, o Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia, Lugar Daveiga e Pazo de Vilane.

Axenda da Aula – Cociña

En paralelo ao posto da Nave 6, e durante esta semana de promoción conxunta, a Aula – Cociña do Mercado será escenario de diversos eventos promovidos polas empresas participantes Cuevas Marrón Glacé, Real Conservera Española e Cafés Candelas, e polas entidades socias de Clusaga IXP Ternera Gallega e Arzúa – Ulloa DOP.

Asimesmo, o xoves 14 de setembro celebrarase a presentación da campaña de Clusaga, que reunirá a representantes institucionais de ámbito local e autonómico en materia de gastronomía e turismo para afondar nesta iniciativa e visitar o posto da Nave 6. Ese mesmo día, e tras a celebración dun Showcooking no que o cociñeiro compostelán Alén Tarrío (Pampín Bar) amosará receitas cos produtos participantes, o público da praza poderá probar as elaboracións a partir das 12.45 horas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información