Clusaga impulsa proxectos para promover a innovación na industria alimentaria

Clusaga impulsa proxectos para promover a innovación na industria alimentaria

Investigador de ANFACO-CECOPESCA, realizando una demo del potencial de HSI-FOOD sobre las matrices alimentarias

A Agrupación industrial Alimentaria de Galicia ( Clusaga) participa nos proxectos colaborativos nacionais SmartLabels e HSI- FOOD, que foron seleccionados na última convocatoria do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras ( AEI), convocado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, co obxectivo de mellorar a competitividade e avance cara á fábrica do futuro da industria alimentaria galega.

Os proxectos, que foron seleccionados dun total de máis de 250 candidaturas, supoñen un investimento próximo aos 400.000€ e desenvolveranse ata marzo de 2021. Neles participarán diferentes centros tecnolóxicos, agrupacións industriais e empresas alimentarias de Galicia, Cataluña e Castela e León, entre as cales se atopan diferentes entidades socias de Clusaga.

O desenvolvemento de SmartLabels e HSI- FOOD supón un impulso da I+D e un reforzo da capacidade innovadora na industria alimentaria galega, dúas das principais liñas de actuación do plan estratéxico de Clusaga, ademais de favorecer a cooperación entre empresas e centros tecnolóxicos e de investigación.

HSI- FOOD, un proxecto para mellorar a calidade nas materias primas e produtos

O proxecto HSI- FOOD ten por obxectivo testar o uso de tecnoloxía fotónica hiperespectral para a determinación de parámetros de calidade en materias primas e produto final, desenvolvendo modelos matemáticos para diferentes matrices alimentarias. Isto permitirá avaluar o encaixe desta tecnoloxía e dos modelos matemáticos desenvolvidos nos procesos produtivos das empresas, mediante técnicas de machine learning e de sistemas de procesado computacional intensivo.

Clusaga encárgase de coordinar este proxecto no que tamén participan as empresas alimentarias Galifresh e Daveiga e o centro tecnolóxico ANFACO- CECOPESCA, todas elas entidades socias da Agrupación industrial.

SmartLabels, desenvolvemento de etiquetas intelixentes a partir de tecnoloxía contactless

Pola súa banda, SmartLabels é unha iniciativa interclúster e transnacional, promovida por agrupacións industriais das comunidades autónomas de Cataluña e Galicia, que ten como propósito desenvolver e testar novas tecnoloxías de impresión para a fabricación de etiquetas intelixentes contactless.

No proxecto testaránse tecnoloxías de electrónica impresa NFC e códigos bidimensionais con tintas invisibles. O seu desenvolvemento permitirá ás empresas do sector vitivinícola avaliar os beneficios e viabilidade de integrar estas tecnoloxías nos procesos produtivos das adegas para poder realizar un control máis exhaustivo da trazabilidade dos seus produtos. O uso deste tipo de etiquetas intelixentes en packaging alimentario permitirá mellorar aspectos como a trazabilidade, a autenticación, a monitoraxe ou o márketing.

O consorcio deste proxecto, liderado polo Packaging Clúster de Cataluña, está formado por Clusaga, EURECAT Centre Tecnològic de Catalunya e as empresas IPE Industria Gráfica, Adegas Paco & Lola e Bodegas Matarromera.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información