A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A gama de abonos máis eficiente para millo: Fertimón Pro e Fertimón Tech

Fermimón Pro, con tecnoloxía patentada slow, permite unha liberación gradual do nitróxeno, en tanto Fertimón Tech, a nova liña de bioestimulantes do Grupo Soaga, cobre necesidades específicas do millo

O cultivo do millo necesita dunha fertilización adecuada para obter unha colleita en calidade e cantidade. O Grupo Soaga, líder na distribución de produtos agrícolas e gandeiros no noroeste peninsular, dispón de gamas específicas que cobren todas as necesidades do cultivo.

Fertimón Pro

gama Soaga Fertimon Pro para millo e pradeira

Fertimón Pro, con tecnoloxía slow, permite unha liberación gradual do nitróxeno para cubrir o ciclo completo do millo, logrando deste xeito un abonado racional e eficaz.

É un fertilizante idóneo para aplicar no momento de sementeira, evitando ter que facer unha segunda achega de nitróxeno en coberteira. As doses deben axustarse en función do tipo de solo e das achegas de xurro realizadas na parcela.

Fertimon Pro Slow reduce a pegada de carbono do cultivo.

Liñas de Fertimón Tech para millo

Como complemento a Fertimón Pro, para dar resposta ás necesidades do agricultor, o Grupo Soaga desenvolveu unha nova liña de produtos con aplicación específica para millo, dentro da súa gama Fertimón Tech.

gama Soaga Fertimon Tech para millo

    • STARTER é un abono con nitróxeno e fósforo que se introduce na liña de sementeira, á beira da semente, e que facilita a xerminación do millo e o desenvolvemento das raíces nos primeiros estadios, converténdose en determinante para que a planta forme un bo sistema radicular.

    • LIBERPLUS é un mobilizador de fósforo que contén células vivas de ‘Pseudomonas putida’. O principal interese agronómico desta bacteria débese á súa capacidade de solubilizar fósforo e calcio, facéndoos dispoñibles para as plantas.

    Un dos problemas dos solos ácidos, abundantes en Galicia, é precisamente que o fósforo se bloquea con moita facilidade. ‘Liberplus’ logra poñer ese fósforo presente no solo a disposición do cultivo de millo.

    • MONZÓN é un mollante para potenciar os efectos dos herbicidas no momento de aplicar os tratamentos e aumentar deste xeito a súa efectividade, sobre todo para o control de gramíneas e herbas de folla estreita.

    • FERTIMÓN VERDE é un abono foliar que presenta unha formulación exclusiva líquida en xel, o que permite un maior aproveitamento, ao fixarse moito mellor sobre a superficie foliar do millo, aumentando deste xeito o rendemento e a asimilación do produto.

    • NITROFIX axuda a fixar nitróxeno atmosférico, quedando dispoñible para as plantas. Nitrofix axuda a reducir os costes de fertilización.

Son todos produtos que se poden mesturar cos insecticidas e herbicidas, tanto de pre-emerxencia como de post-emerxencia, o que permite un aforro de tempo e diñeiro, así como actuar no momento en que o cultivo o necesite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *