Unións Agrarias recorrerá ante a xustiza o intento das industrias lácteas de eliminar a prohibición da venda a perdas

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, alertou do perigo de “ruptura da Cadea Alimentaria” xusto no artigo que prohíbe pagar o litro de leite por debaixo dos custos de produción.

Unións Agrarias recorrerá ante a xustiza o intento das industrias lácteas de eliminar a prohibición da venda a perdas

O sindicato Unións Agrarias (UUAA) persoarase o mércores 31 de maio no Tribunal Supremo para presentar unha pericial coa intención de frear o intento da Federación Nacional de Industrias Lácteas (FENIL) de eliminar a prohibición da venda a perdas do leite introducida na Lei de Cadea Alimentaria.

UUAA únese así coa avogacía do Estado para facer fronte á intención da FENIL de impoñer “condicións abusivas e ignorando a rendabilidade e os dereitos do sector produtor”. Desta maneira, Unións Agrarias condena publicamente un contencioso administrativo co que o colectivo que agrupa ás industrias lácteas en España mostra para o sindicato a intención da industria de seguir acumulando beneficios sen ter en conta a realidade nen a rendabilidade das explotacións, obrigando a moitas delas ao peche.

Baixada de prezos

O secretario xeral de UUAA, Roberto García, advirte que as granxas lácteas “estalarán” se se produce unha baixada “unilateral” de prezos en contratos que entrarán en vigor a partir do 1 de agosto. Isto vén logo dunha rebaixa nos prezos do leite no mes de abril e que en Galicia foi de 10 céntimos de media.

Roberto García fixo un chamado á Xunta para que publique os datos da Conta Láctea e así “poidan servir de referencia” antes de iniciar as negociacións co sector industrial lácteo. “Queremos coñecer estes prezos non a posteriori de que os contratos estean asinados”. O obxectivo é que non se repita unha baixa de prezos “unilateral” desde e o sector transformador.

Por outra parte, de materializarse os temores manifestados por Roberto García e do responsable de Área Externa de UUAA, Félix Porto, “as explotacións que pechen este 2023 non volverán abrir no futuro”. Félix Porto incidiu en que a industria está xogando cunha dobre moral ao crear un decálogo para a recuperación do rural e pola outra parte reduce os prezos que paga aos produtores de leite. Tal é a preocupación que reclaman á administración articular ferramentas para o control de prezos e obriguen á industria cumprir a lei.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información