España, entre os países da UE nos que máis cae a produción de leite en 2022

España é un dos países da Unión Europea nos que máis caeu a produción de leite no que vai de 2022. En concreto, entre xaneiro e setembro as entregas dos gandeiros reducíronse un 2,8% con respecto ao mesmo período do pasado ano, e moi por riba da media europea, que rexistrou un descenso do 0,4%.

Soamente Croacia, Grecia e Bulgaria reduciron máis as súas entregas de leite que España no que vai de 2022. Ante esta situación, as industrias lácteas españolas volveron a impulsar as importacións de leite doutros países, fundamentalmente de Francia, #ante o tempo de quedar sen aprovisionamento.

ENTREGAS LEITE UE XANEIRO SEPT 22

Así se reflicte no informe do MMO Economic Board, que a pasada semana celebrou unha reunión na que participaron expertos da cadea de subministración de leite: COPA-COGECA (produtores e cooperativas), EMB (European Milk Board), ECVC ( Vía Campesina), EDA (industria láctea), Eucolait (comercio lácteo) e Eurocommerce (retallista).

Pola contra, as entregas de leite entre xaneiro e setembro aumentaron en Austria (+3,2 %), Polonia (+2,1 %), Bélxica (+2 %) e República Checa (+1,9 %). A recollida de leite segue caendo nos principais países produtores: Alemaña (-0,9%), Francia (-1,2%), España (-2,8%), Irlanda (-0,3%) ou Italia (-0,2%).

Detrás deste descenso está o aumento dos custos de produción, fundamentalmente da alimentación. Así, o prezo do penso, aínda que se suavizou nos últimos meses, segue ao redor dun 80% máis alto que en 2020.

En canto á demanda mundial de produtos lácteos os expertos coinciden en que “segue sendo sólida” Iso si, recoñecen que “o comercio aumentou no terceiro trimestre de 2022, pero é probable que o comercio total diminúa en 2022 por primeira vez en dúas décadas, principalmente debido á menor demanda de importacións de China polas restricións derivadas do Covid”.

Outros importadores principais (en particular, México, o sueste de Asia e MENA) importaron máis produtos lácteos. As exportacións da UE mantivéronse lentas, afectadas por prezos menos competitivos. Estados Unidos estivo aproveitando a súa modesta expansión de produción e está a gañar terreo no mercado mundial. O Reino Unido, China, Indonesia, EE. UU. e Alxeria foron os 5 principais destinos de exportación da UE en xaneiro-setembro de 2022 (39 % de participación). As exportacións de produtos lácteos da UE ao Reino Unido aumentaron un 6 %, pero aínda non volveron aos niveis anteriores ao Brexit.

Previsión de que os prezos do leite baixen nos próximos meses

Polo demais, o informe do informe do MMO Economic Board conclúe que “é probable que o crecemento da produción de leite nos próximos meses sexa moderado e espérase que a recente corrección de prezos dos produtos lácteos impulse a demanda”. “A produción de leite está repuntando no terceiro e cuarto trimestre de 2022, o que podería traducirse nun enfraquecemento dos prezos ao produtor”, engaden.

Por último, as principais incertezas para o sector lácteo da Unión Europea para os próximos mese son “a dispoñibilidade de gas natural para o procesamento do leite, os prezos da enerxía, os altos custos dos insumos (penso, fertilizantes), as limitacións ambientais e a reacción dos consumidores á alta inflación dos alimentos, así como a falta de motivación dos produtores e procesadores para investir, a pesar de que prevalece uns alto prezos”.

marxes leite produccion UE

COSTE ALIMENTACION LEITE UE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información