A Xunta expón a consulta pública a futura Lei de Montes Veciñais en man común

A Xunta expón a consulta pública a futura Lei de Montes Veciñais en man común

A Xunta expoñerá publicamente a futura Lei de montes veciñais en man común de Galicia para que os cidadáns poidan facer achegas antes da aprobación desta actualización do texto legal. Tal e como anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a nova normativa busca converterse nunha ferramenta de utilidade contra o abandono do rural e a infrautilización do monte. Galicia conta con máis de 3.300 montes veciñais en man común.

“Estamos a falar, en definitiva, dun texto que sirva para acometer con eficacia iniciativas de activación da xestión forestal privada e que mellore a gobernanza nos órganos de decisión e representación das comunidades”, sinala Feijóo. Tamén adiantou que o novo texto legal actualizará conceptos como a condición de comuneiro á par que incide na necesidade de regular de xeito realista este tipo de propiedade.

Feijóo aseverou que coa nova normativa a Administración autonómica cumpre as previsións do Plan Forestal e a recomendación do ditame da comisión Forestal do Parlamento. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información