A comunidade de montes do Viso, en Redondela, celebrará o Día da Árbore coa plantación de frondosas

Esta actividade levarase adiante na contorna do Camiño de Santiago alternativo

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso organiza unha nova edición do día da árbore para o vindeiro domingo 3 de marzo. O punto de encontro será a explanada xunto a casa rural “As Chivas” a partir das 10:30 h da mañá.

Seguindo a liña de edicións anteriores, nesta ocasión participarase na creación dunha franxa verde con frondosas autóctonas para a defensa contra incendios forestais no entorno das vivendas. Esta área sitúase sobre o barrio de Saramagoso e faranse plantacións fundamentalmente de castiñeiros e bidueiros.

Do mesmo xeito, no entorno da senda alternativa ao Camiño de Santiago, actuarase sobre outra superficie onde se pretende consolidar a masa de frondosas caducifolias de cara a aumentar as zonas de conservación do monte veciñal e naturalizar o entorno deste roteiro por onde se prevé que transcorran numerosos camiñantes.

Repoboarase así coa axuda dos voluntarios que se acheguen máis de un douscentas árbores diversas para deste xeito apoiar a recuperación da diversidade arbórea da zona e, como non, realizar unha acción didáctica entre adultos e os máis cativos achegando a experiencia de participar no mantemento e coidado da natureza en xeral, e do monte comunal en man común en concreto.

O día da árbore do Viso é unha actividade aberta a toda a veciñanza, na que poden participar sen máis que levando un legón, unha lubas e ganas de traballar para conseguir un monte que siga proporcionando recursos tanxibles e intanxibles como poden ser as augas, a paisaxe, a fixación de carbono, leñas, froitos como as castañas, cogomelos, hábitats de fauna e flora.

día da árbore

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información