Xornadas sobre fertilización e uso de sustratos en froitos vermellos

Estas xornadas están organizadas pola SECH en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e terán lugar na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo entre o 18 e o 20 de maio

Publicidade
Xornadas sobre fertilización e uso de sustratos en froitos vermellos

Estas xornadas céntranse na eficiencia dos recursos agrícolas

A Sociedade Española de Ciencias Hortícolas e a USC organizan unhas xornadas conxuntas dos grupos de Fertilización, Substratos, e Fresón e outros Froitos Vermellos da SECH, entre o 18 e o 20 de maio. Nelas trataranse aspectos clave para o avance cara a sustentabilidade agrícola, enfocándose ao nivel de produción, á calidade dos produtos, á seguridade para traballadores e consumidores, e ao medio ambiente. O lema das xornadas é ‘Cara o uso eficiente dos recursos agrícolas’.

Deste xeito, en canto á fertilización abordaranse temas como os avances na elaboración de plans de abonado, novos produtos, fertilización eficiente ou ferramentas de diagnóstico e tomas de decisión. En materia de substratos, trataranse os novos materiais e métodos de procesado, avances na caracterización analítica, automatización e xestión da auga e nutrientes ou control de enfermidades. O terceiro grupo encamiñarase cara as novas variedades nos pequenos froitos, á optimización das técnicas de produción ou aos estudos sobre a calidade dos froitos.

A súa asistencia require de pago e inscrición. Para isto será necesario enviar o impreso dispoñible en www.sech.info/lugo2022 a sechlugo2022@sech.info; xunto co xustificante do pago. A inscrición inclúe a asistencia a actos científicos e visitas técnicas, a presentación dun máximo de dúas comunicacións, a documentación de comunicacións e ponencias, cafés e almorzos. A conta para o pago é ES72 3058 3402 3127 2001 3859 de Cajamar, indicando no concepto o nome da persoa inscrita.

Custes de inscrición ás xornadas

Custes de inscrición ás xornadas

 

Programa provisional

Mércores 18 de maio
Recepción e entrega documentación
Apertura Xornadas Conferencia invitada 1:Futura lexislación de fertilizantes e substratos. Mª Luisa Ballesteros. MAPA.
Presentacións orais (simultáneas/grupo)
Café
Sesión póster
Presentacións orais (simultáneas/grupo)
Comida
Visita 1: Aviporto Fertilizantes (Portomarín)
Visita 2: Vitivinicultura heroica (Viñedo y Bodega Regina Viarum Ribeira Sacra)

Xoves 19 de maio
Conferencia invitada 2: Bioestimulantes microbianos no marco do Reglamento 2019/1009 Guillem Segarra. Biocontrol M. Isabel Trillas. UBA
Presentacións orais (simultáneas/grupo)
Café
Sesión póster
Presentacións orais (simultáneas/grupo)
Comida
Visita 3: CoolBerries: explotación de arándanos (Cerdido, A Coruña)
Visita 4: Xardíns verticais, Novos xardíns (Lugo). Recepción Vicerreitoría Campus de Lugo, e visita Domus de Mitreo

Venres 20 de maio
Conferencia invitada 3: Aplicacións e tendencias en cubertas ecolóxicas (Ponente pendente confirmar Presentacións orais (simultáneas/grupo)
Café
Foro de discusión empresas /produtores
Reunións grupos de traballo
Conclusións xornadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información