Data inicio: 15/06/2023
Data fin: 15/06/2023
Lugar: Frades, España
A cooperativa coruñesa Central de Frades SCG organiza unha xornada formativa na que se tratarán temas de interese para as granxas de vacún coma o uso responsable de antibióticos, a prevención de IBR ou as novas normativas no agro.
A xornada celébrase o xoves 15 de xuño no restaurante O Cadaval, en Frades (A Coruña). A formación comezará ás 11.00 horas e prolongarase durante toda a mañá.
Trátase dunha actividade aberta a todos os gandeiros e gandeiras interesados, pero por motivos de organización é preciso confirmar asistencia antes do 14 de xuño. As persoas interesadas en acudir deben chamar á Cooperativa no 981 692 105 ou enviar un email a info@centralfrades.es.
Detallamos a continuación o programa completo da xornada:
10.45 – 11.00 horas. Recepción de asistentes.
11.00 – 11.45 horas. A Rinotraqueítes Infecciosa Bovina (IBR) e o seu novo programa de prevención, control e erradicación. Sergio Rodríguez Pedrouzo, do Servizo Técnico Rumiantes de Vetia.
11.45 – 12.05 horas. Pausa do café.
12.05 – 12.50 horas. Uso responsable de antibióticos e normativa sobre o veterinario da granxa. Raquel Gómez Gómez, da subdelegación xeral de Sanidade e Hixiene Animal e Trazabilidade do Ministerio de Agricultura.
12.50 – 13.35 horas. Novas normativas para o sector agrario. O caderno de campo e fertilización. Diana Freijeiro Lorenzo, enxeñeira agrónoma en Agroenxeñería Galega CB.