Xornada técnica sobre a flavescencia dourada da vide en Pontevedra

Publicidade
Xornada técnica sobre a flavescencia dourada da vide en Pontevedra

O Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra organiza este xoves 30 de novembro a Xornada Técnica “A Flavescencia dourada da vide: evolución e situación actual”. Esta xornada impártese logo de que o 17 de novembro a Xunta ampliase o número de zonas demarcadas pola presenza da flavescencia dourada da vide.

Esta xornada terá lugar no Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, en horario de 9:00 h a 14:30 h.

As persoas interesadas deberán presentar a presolicitude empregando o formulario de preinscrición que figura no seguinte enlace. A data límite de preinscrición é o mércores 29 de novembro.

PROGRAMA

9.00-9.30 h: Recepción de asistentes
9.30-9.45 h: Acto de apertura
9.45-10.30 h: Novas ameazas para a agricultura española:
Flavescencia dourada e outras enfermidades de orixe bacteriana
transmitidas por insectos vectores. D. Alberto Fereres Castiel.
Profesor de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas.
ICA-CSIC. Madrid.
10.30-11.15 h: Situación actual e medidas de control de
Flavescencia dourada da vide en Galicia. D. Víctor Novo Vázquez.
Servizo de Sanidade e Produción Vexetal. Xunta de Galicia.
11.15-12.00 h: Grapevine Flavescence dorée phytoplasma:
Métodos de diagnóstico en laboratorio. Dna. Olga Aguín Casal. Xefa de
Sección Bioloxía Molecular. Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Deputación
de Pontevedra.
12-12.30 h: Descanso
12.30-13.15 h: Flavescencia dourada na provincia de Girona, 28
anos. D. Honorat Sabater Anticó. Servei de Sanitat Vegetal a Girona (DACC).
13.15-14.00 h: Control integrado do vector da Flavescencia
dourada Scaphoidus titanus, principios activos e interacción con
outros organismos do viñedo. D. Juan Carlos Vázquez Abal. Técnico da
Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega-Agacal).
14.00-14.30 h: Mesa redonda. Moderadora: Dna. Julia Pérez Pacios.
Xefa do Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra. Xunta de Galicia.

Flavescencia dourada, cartel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información