Xornada sobre a importancia dos bosques maduros

Terá lugar o luns da vindeira semana en Ourense e o martes en Lugo, onde aínda quedan zonas forestais que evolucionaron sen intervención humana, converténdose en verdadeiros reservorios de biodiversidade

Xornada sobre a importancia dos bosques maduros

Bosque de frondosas e sobreiras no val do Arnego. / Arquivo.

O luns e martes da vindeira semana terán lugar senllas xornadas formativas sobre Os bosques maduros que se desenvolverán en Ourense o 22 de novembro e en Lugo o martes 23 de novembro, as dúas en horario de tarde, desde as 16 horas ás 20:30 horas.

Esta xornada está organizada conxuntamente polo Servizo de Montes de Ourense e o Distrito Forestal IX Lugo-Sarria dentro do plan de formación continua da AGACAL e a Consellería do Medio Rural para o ano 2021 e tratará sobre a importancia que teñen os bosques primarios que se desenvolveron de xeito natural sen intervención humana. 

O obxectivo destas sesións é dar a coñecer en Galicia o proxecto LIFE RedBosques

Polo tanto, o obxectivo deste curso, xunha tarde de duración, que se celebrará o luns en Ourense e se repetirá o martes en Lugo, é dar a coñecer en Galicia o proxecto LIFE RedBosques, centrado nos bosques maduros.

Os relatores, José A. Atauri Mazquida e Diego García Ventura, integrantes do proxecto e membros tamén de Europarc-España, falarán sobre as características e valores de conservación destes espazos de importancia natural.

Para inscribirse para participar no curso de Ourense, é necesario enviar o seguinte formulario cuberto por email a maria.jose.alberte.rivera@xunta.gal, podendo recibir máis información nos teléfonos 988386706 e 616480069.

No caso da xornada que terá lugar ao día seguinte en Lugo, a persoa de contacto é Raquel Carreira no email raquel.carreira.fernandez@xunta.gal ou nos teléfonos 982828626 e 639878408.

Bosques primarios extremadamente escasos

Este tipo de bosques son hoxe extremadamente escasos. Con todo, de forma local aínda poden atoparse en distintas zonas de Galicia bosques ou rodais con certa madurez e cunha baixa pegada antrópica, polo menos no que a extracción de produtos se refire.

Pola súa extremada escaseza, pola súa complexidade e pola biodiversidade que albergan, os bosques maduros son obxecto de gran interese nas políticas de conservación, e polo tanto merecentes de ser recoñecidos e protexidos, polo que no escenario actual, a identificación, estudo e protección dos bosques maduros pode ser unha ferramenta de gran utilidade.

 

Foto cartaz bosques maduros v1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información