A Fundación Paideia Galiza organiza unha xornada sobre as posibilidades das árbores frondosas en Galicia. A xornada levará por nome “Un horizonte cheo de posibilidades para as nosas frondosas” e celebrarase o día 20 de outubro.
O encontro será no CEIDA, situado no Castelo de Santa Cruz no Concello de Oleiros. O horario para esta xornada será de 10:00 a 14:30.
A conducción deste encontro estará a cargo de Xiana Albor, comunicadora ambiental na Radio Galega e na Televisión de Galicia
O programa previsto é como segue:
10:00-10:15
APERTURA
Presentación do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o laboratorio de biotecnoloxía vexetal de Galicia, Cultigar.
Participan:
José Luis Chan Rodríguez. Director Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Xunta de Galicia.
Marga Fraga. Directora técnica de Cultigar. Fundación Paideia Galiza.
10:15-11:30
CONFERENCIA
Cara unha xestión do monte máis sostible.
Participa:
Froilán Sevilla. Xefe de Sección Territorial 4ª. Servicio Territorial de Medio Ambiente de Burgos. Junta de Castilla y León.
CONFERENCIA
A Biotecnoloxía vexetal como ferramenta para o desenvolvemento do sector forestal.
Participa:
Paloma Moncaleán. Investigadora principal de Neiker.
11:30-12:00
CAFÉ EN REDE
12:00-13:00
MESA REDONDA
Os Recursos forestais: Responsabilidade e Rendibilidade.
Desafíos e oportunidades do MFR (material forestal de reprodución) a través dos datos.
Interveñen:
José Martel.
Xefe do Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte. Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.
As frondosas galegas no foco da investigación.
Marga Fraga.
Directora técnica de Cultigar. Fundación Paideia Galiza.
Da semente á madeira. Plan de Valorización das Masas da Madeira de Frondosas Autóctonas.
Xosé Francisco Pedras.
Técnico no CIS Madeira da Axencia Galega da Industria Forestal.
13:30-14:30
Traslado e visita á parcela de especies frondosas forestais de alto valor xenético. Viveiro Xunta de Galicia-Santa Cruz. (Recoméndase traer calzado cómodo).
14:30
FIN DA XORNADA