As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao seu autor e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables deles.

Xornada na Limia sobre a condicionalidade da PAC

A Oficina Agraria Comarcal de Xinzo de Limia está a organizar unha xornada sobre a condicionalidade da PAC que se celebrará o vindeiro 16 de novembro.

A condicionalidade son aqueles requistos e normas que hai que cumprir para poder percibir as axudas. Estes requisitos abranguen varios ámbitos como o medio ambiente, a saúde pública, o benestar animal ou as condicións agrarias, onde podemos destacar o uso de produtos fitosanitarios e a protección das augas da contaminación procedente de fontes agrícolas.

O incumprimeto destas normas leva consigo unha penalización no cobro das axudas dependendo da gravidade, alcance e persistencia do incumprimento que pode supoñer ata o 100 % das axudas no caso de haber intencionalidade.

Na futura PAC o concepto de condionalidade verase reforzado e o coidado e respecto ó medio ambiente vai ser un obxectivo transversal, o que se traduce nun maior esforzo por parte dos agricultores e gandeiros.

A xornada terá lugar o vindeiro día 16 de novembro de 16:00 h a 21:00 h no Salón de Plenos do concello de Xinzo (https://goo.gl/maps/8ex5QvYDuKrVQ6CL9).Para asistir a xornada é preciso inscribirse (gratis) cubrindo a solicitude que se adxunta, asinandoa e enviándoa ao enderezo electrónico alipio.bermudez.couso@xunta.gal ou presentala na Oficina Agraria de Xinzo.

Descarga aquí a solicitude

XORNADA CONDICIONALIDADE PAC

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información