Coeficiente definitivo do greening para os pagos da PAC 2022

O Ministerio de Agricultura acaba de publicar o importe definitivo do Pago para Prácticas Agrícolas Beneficiosas para o Clima e o Medio Ambiente (Greening) para a campaña da PAC 2022.

A lexislación establece que o importe de cada beneficiario calcularase como unha porcentaxe do valor total dos dereitos de pago básico que activase o agricultor en cada ano de solicitude de axuda. Esta porcentaxe determínase dividindo o importe total da dotación financeira do pago do Greening entre o valor total dos dereitos de pago básico activados na campaña en curso a nivel nacional.

En consonancia co anterior, o importe definitivo da campaña da PAC 2022 ascende ao valor de 52,23 %, resultante de dividir o importe total da dotación financeira para o pago do Greening, entre o importe total do límite orzamentario para o réxime de pago básico establecido para a campaña 2022.

Esta porcentaxe definitiva deberase ter en conta para determinar o importe do Pago do Greening de cada beneficiario, a aplicar tanto aos pagos pendentes, como aos pagos complementarios aos xa realizados co coeficiente provisional.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información