Xornada informativa en Meira sobre fertilización con xurro, normas e maquinaria de aplicación

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e a Oficina Agraria de Meira oranizan para o vindeiro luns, 18 de marzo, unha xornada informativa sobre fertilización con xurro, normas e maquinaria de aplicación.

A xornada celebrarase no salón de actos da casa da cultura do Concello de Meira e conta coa colaboración da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo.

Programa:

-11:30h. “Aproximación ao estado da fertilidade dos solos nas explotacións da nosa contorna”. Eloi Villada, Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.

-12:00h. “Sistemas de aplicación mecanizados de purín”. Marcos Vázquez Marey, Presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Lugo e técnico da Oficina Agraria de Meira. 

-12:50h. Preguntas e debate sobre os temas tratados.

CHARLA MEIRA XURROS MARZO 24

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información