A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Blue Cycle, máxima eficiencia dos xurros e reducción de costras e cheiros

BLUE CYCLE é un aditivo tecnolóxico desenvolvido por Delagro conxuntamente coa multinacional Alltech, líder mundial en nutrición animal, que aumenta o valor fertilizante do xurro, diminúe costras e malos cheiros, contribuíndo a unha nutrición máis eficiente dos cultivos.

DELAGRO BLUE CICLY TRACTOR XURRO ENTERRADO 1 estandarDelagro lanza ao mercado un innovador produto que busca optimizar o rendemento dos xurros para potenciar a fertilización tradicional. BLUE CYCLE é un aditivo para xurros composto por diferentes tipos de microorganismos e encimas que aceleran os procesos de descomposición de restos orgánicos ao mesmo tempo que os mineralizan.

O xurro é un recurso moi valioso nas explotacións gandeiras debido á súa importancia como fertilizante natural e a súa capacidade para mellorar a calidade do solo e, polo tanto, o rendemento dos cultivos. O xurro contén nutrientes esenciais para o crecemento das plantas, como nitróxeno, fósforo e potasio, así como macros e micros, que son fundamentais para o desenvolvemento dos cultivos e a produción das colleitas.

Ao utilizar o xurro como fertilizante, os agricultores poden optimizar a aplicación de fertilizantes químicos sintéticos, o que se traduce nun aforro de custos para o agricultor. Tamén ten un impacto positivo na sustentabilidade do sistema agrícola, xa que se diminúe a cantidade de produtos químicos que ingresan ao medio ambiente diminuíndo a pegada de carbono asociada á súa produción, algo que vai en consonancia coas novas lexislacións en toda a Unión Europea en materia ambiental.

Até o 50% do nitróxeno que se achega en abonado pode perderse por volatilización ou lixiviado. En ambos os casos prodúcese un prexuízo económico e medio ambiental. As perdas de nitróxeno poden acabar tanto na atmosfera, en forma de gases nocivos para a saúde e gases de efecto invernadoiro, como filtrarse a augas subterráneas destinadas ao consumo humano. Ao mesmo tempo, debido a estas perdas, o gandeiro está a desaproveitar gran parte do valor fertilizante do xurro, polo que terá que recorrer ao uso de máis fertilizantes de orixe química, co consecuente gasto que iso supón.

BLUE CYCLE é o produto máis completo para a optimización e mellora dos xurros que podemos atopar a día de hoxe no mercado. Ten como principal obxectivo axudar ao gandeiro a optimizar a fertilización e mellorar o manexo do xurro, xa que evita a formación de costras e malos cheiros. Isto tradúcese en que o tempo de manipulación e batido do xurro redúcese, producindo un aforro de custos e tempo moi importantes.

Outro dos beneficios que podemos obter con BLUE CYCLE é evitar a perda de nitróxeno amoniacal, un elemento fundamental na fertilización, evitando así perdas por volatilización ou lixiviado. Con isto, conseguimos aumentar o valor fertilizante do xurro, maximizando a dispoñibilidade de nutrientes para os cultivos, o que se traduce nunha maior produción.

Os microorganismos presentes neste produto axudan a mitigar as emisións de amoníaco, outros gases nocivos e malos cheiros que se producen como consecuencia da descomposición dos residuos, o que reduce o impacto ambiental do uso do xurro.

BLUE CYCLE é unha formulación líquida que se aplica directamente nos corredores, emparrillados ou na fosa. A súa aplicación fácil e sinxela garante ao gandeiro un mellor uso e manexo dos xurros. Delagro, conxuntamente con Alltech, pon a disposición do gandeiro unha solución nova, sustentable e innovadora cuxo obxectivo é contribuír a mellorar a rendibilidade e eficiencia das granxas.

Mostra do efecto de Blue Cycle na fosa de xurro: Á dereita aplicouse o produto e está máis líquido o xurro e sen costra que na parte da esquerda, onde non se aplicou

Mostra do efecto de Blue Cycle na fosa de xurro: Á dereita aplicouse o produto e está máis líquido o xurro e sen costra que na parte da esquerda, onde non se aplicou

Para máis información:

Daniel Baizan. Product Manager Blue Cycle Delagro
daniel.baizan@delagro.org / 636264718

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *