Últimas cotizacións dos produtos lácteos: Segue subindo a manteiga e recupérase o prezo do queixo e do leite en po enteiro

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta penúltima semana de decembro dos produtos lácteos. O prezo da manteiga segue á alza e recupéranse as cotizacións do queixo e do leite en po enteiro, contribuindo deste xeito a manter os prezos do leite no campo. Pola contra, o leite en po desnatado segue á baixa. 

LACTEOS UE DECEMBRO 23 4

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta semana para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 542 €/100 kg, +1,3 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 261 €/100 kg, -0,4 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 368 €/100 kg, +0.8 % ,,
-Queixo cheddar: 347 € /100 kg +0,2%

Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia baixa ata os 0,535 euros o litro (a pasada semana o prezo foi de 0,565 euros).

O prezo medio do leite na UE no mes de novembro estímase que quedará en 0,4456 euros o litro, un 0,6% máis que en outubro (0,443 euros).

FONTERRA POXA 23 DECEMBRO 4

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu esta semana cunha nova suba no seu índice do 2,3 %. En concreto, o leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- revalorizouse un 2,9%,. A cotización da manteiga experimentou unha importante suba dun 9,9 %, mentres que o queixo tamén se revalorizou de forma notable, nun 6,9%. A única baixada rexistrada foi no leite en po desnatado, neste caso un 1,3%

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información