Marzo remata con baixadas nas cotizacións da manteiga e do leite en po na Unión Europea

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións da última semana de marzo dos produtos lácteos. O mes remata cunha lixeira baixada no prezo da manteiga -que se mantén en prezos altos-, e unha caída maior no caso do leite en po enteiro e, especialmente, do desnatado. Pola contra, o queixo cheddar, revalorízase.

PREZOS MEDIOS LEITE UE MARZO 24 4
.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de marzo para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 561 €/100 kg, -0,3 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 240 €/100 kg, -3,6 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 355 €/100 kg, -1.6 % ,,
-Queixo cheddar: 388 € /100 kg +1,8%

O prezo do leite spot en Italia mantense prácticamente sen cambios, nos 0,448 euros o litro.

Os custos de alimentación na última semana de marzo baixaron un 3% e os de enerxía un 2,3% en relación a hai un mes.

PREZOS MEDIOS LEITE UE USA NZ MARZO 24 4

En canto á situación de prezos medios en orixe a nivel internacional, en Estados Unidos en xaneiro estaban nos 0,356 euros o litro (leite de clase 3, cun 4,2% de graxa), en Nova Zelandia nos 0,335 euros o litro (4,2% de graxa e 3,35 de proteína) e na media da Unión Europea nos 0,467 euros o litro.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información