O prezo do leite en po e da manteiga segue a súa tendencia de recuperación na Unión Europea tras varios meses de baixadas. O leite spot en Italia tamén continúa revalorizándose e xa se paga a 0,49 euros o litro.
Estas son as tendencias que se observan nas cotizacións desta semana na Unión Europea:
-Manteiga: 477 €/100 kg, +2,2 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 250€/100 kg, +1,6% ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 349 €/100 kg, +1,0% ,,
-Queixo cheddar: 360 € /100 kg -2,8% ,,
-O leite spot en Italia sobe até os 0,490 €/kg
-Os custos de alimentación do gando baixaron un 2,1% nas últimas catro semanas e os de enerxía subiron un 1,1%.
En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola neozelandesa Fonterra, concluíu a súa poxa desta semana cunha baixada dos produtos láctdos do 0,9%. Así, houbo unha caída do 3,0% no leite en po enteiro, o desnatado mantívose sen cambios e subiron a manteiga (+0.5%) e o queixo.(+7.4%)