O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta semana do leite en po, manteiga e queixo na UE, no que se confirma unha recuperación dos prezos, especialmente da manteiga, coincidindo tamén coas menores entregas de leite nesta estación.
No territorio comunitario as cotizacións desta semana son as seguintes:
-Manteiga: 463 €/100 kg, +3,8 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 246 €/100 kg, +5,5 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 346 €/100 kg, +3.9 % ,,
-Queixo cheddar: 358 € /100 kg +0,2%
Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia subiu tamén esta semana até os 0,533 euros o litro.