O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta última semana de febreiro dos produtos lácteos. Con respecto á pasada semana, destacan as subas da manteiga e do leite desnatado en po e, en menor medida, do leite en po enteiro e do queixo cheddar.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta última semana de xaneiro para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 557 €/100 kg, +2,9 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 254 €/100 kg, +1,4 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 363 €/100 kg, +0.5 % ,,
-Queixo cheddar: 361 € /100 kg +0,3%
Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia sofre unha lixeira baixada respecto á semana pasada e queda nos 0,45 euros o litro.
En canto á situación do mercado internacional, Nova Zelandia é máis competitiva en prezos de manteiga e leite enteiro en po, mentres que Estados Unidos ten os menores prezos da manteiga, queixo e leite en po desnatado.