Simposio sobre frondosas autóctonas en Lugo

No evento intercambiaranse coñecementos sobre innovacións en frondosas en toda Europa

O vello cárcere de Lugo acollerá o simposio ‘As frondosas autóctonas, a resiliencia do sector forestal?’, que organiza a Axencia Galega da Industria Forestal. O evento será os días 28 e 29 de febreiro e o 1 de marzo.

O encontro celébrase no marco do Proxecto autonómico para a valorización sustentable das masas de frondosas de Galicia e do proxecto europeo RESONATE ‘Cadeas de valor forestais resilientes – mellorando a resiliencia mediante respostas naturais e socioeconómicas’. Ten por obxectivo intercambiar coñecementos sobre innovacións en frondosas en toda Europa, ademais de debater sobre ferramentas de apoio á decisión e avaliacións de resiliencia para mellorar a resiliencia da cadea de valor forestal en Galicia.

Programa completo

Mércores 28 de febreiro

09:00 h Recepción de asistentes

09:30 h Benvida a cargo do Director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal Viñas

09:40 h Sesión 1. As frondosas en Galicia
Biotecnoloxía de frondosas. José Martel, DXPOF.
Silvicultura de frondosas. Marteloscopio de Labio. Roque Rodríguez Soalleiro, USC.
Resultados preliminares do Proxecto Tecnolóxico para Frondosas en Galicia. Francisco Pedras, CIS Madeira.

10:30 h Sesión 2. Innovacións de frondosas en Europa
Redes europeas e construción con frondosas. Uwe Kies, Innovawood.
Valorización química das frondosas. Ludwig Lehner, Technikum Laubholz TLH, Alemaña.
Descarbonización e uso en cadoiro das frondosas. Klaus Richter, Technical University of Munich, Alemaña.

11:45 h Pausa-café

12:15 h Sesión 2bis. Innovacións de frondosas en Europa
Valorización de frondosas en Europa. Andreas Nikolaus Kleinschmit von Lengefeld, Homo Silvestris Europae.
Experiencias e innovación en biorefinerías con frondosas. Inazio Martínez de Arano, European Forest Institute, EFI Bioregions.
Taninos e barricas. Brígida Fernández de Simón Bermejo, CSIC.

13:30 h Xantar

14:45 h Visita técnica ao Marteloscopio de Labio.

17:30 h Remate da xornada

Xoves 29 de febreiro
08:45 h Recepción de asistentes

09:00 h Sesión 3. Industria forestal. Oportunidades e desafíos
Densificación e tratamento térmico para construción con bidueiro. Pekka Ritvanen, Avantwood, Finlandia.
Densificación con frondosas. Oliver Kläusler, Swiss Wood Solutions AG, Suíza.
Produción de lignina. Ewellyn Capanema, RISE, Suecia..

10:00 h Sesión 4. Obradoiro. A avaliación da resiliencia
Cambio climático e resiliencia. Ferramentas de apoio á decisión e valoración de resiliencia. Marcus Lindner, EFI.
Panel de indicadores de resiliencia (WP1). Alice Ludvig, BOKU, Austria.
Escada de resiliencia. Donos forestais e exixencias sociais (WP4). Jette Jacobsen, Uni Copenhagen, Dinamarca.
Medidas de adaptación a través da cadea de valor. Resultados de enquisa (WP3). Annechien Hoeben, Uni Graz, Austria.
Análise xerárquico de decisión multicriterio. Casos de estudo: Galicia e Finlandia (WP5). Janni Kunttu, Uni Helsinki, Finlandia.
Presentación da sesión interativa

11:00 h Pausa-café

11:15 h Sesión 4bis. Obradoiro. A avaliación da resiliencia
Como o sector galego pode adaptarse ao cambio climático

Mesa 1. Xestión forestal
Mesa 2. Industria da madeira sólida
Mesa 3. Outras industrias

12:45 h Mesa redonda. A industria das frondosas en Galicia
Maderas Gayoso, MADERBAR, NEFAB, Asociación Labra

13:30 h Xantar

14:45 h Visita técnica ao aserradoiro Maderas Gayoso.

17:30 h Remate da xornada

Venres 1 de marzo
09:00 h Recepción de asistentes

09:30 h Sesión 5. Dixitalización
NOTIFOR Mobilización de madeira. Noelia Méndez, Lugo-Madera.
FORTRA Trazabilidade forestal. Isabel Puentes, XERA.
SINERXIA Operacións e xestión forestal. Hugo Rodríguez, AMETLAM.
TRAZAMAD Trazabilidade no transporte da madeira. Carlos Iglesias, FINSA..

10:50 h Sesión 6. Estratexias rexionais de frondosas en Europa
Evolución do mercado de frondosas en Europa. Maria Kiefer-Polz, Organización europea do aserradoiros EOS.
Resultados dos proxectos de valorización de frondosas de pequena dimensión en Francia. Véronique Vela Rodriguez, Ministerio da Agricultura e Soberanía Alimentaria, Francia.
Proxecto de valorización e transformación local de frondosas en Valonia (Bélxica). Vincent Defays, Filière Bois Wallonie.
Proxecto de Valorización de frondosas en Navarra. Fermín Olabe, Departamento de Desarrollo Rural e Medio Ambiente de Navarra

12:00 h Pausa-café

12:30 h Declaración para a promoción da xestión forestal sostible de frondosas

13:00 h Clausura polo Conselleiro do Medio Rural

13:30 h Cóctel

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información