Riscos a ter en conta nas cortas forestais

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) acaba de celebrar unhas xornadas técnicas de sensibilización sobre os riscos nos aproveitamentos forestais, en colaboración con LugoMadera. Estas son as recomendacións para mellorar a seguridade nas cortas forestais.

ISSGA prevencion riscos laborais Lugomadera1O sector forestal galego é unha fonte de riqueza e de xeración de emprego para o rural, cunha facturación de máis de 2700 millóns de euros en 2022. E unha peza clave en toda a cadea monte industria é a realización dos aproveitamentos forestais, unha tarefa na que existe unha importante marxe de mellora para reducir a sinistralidade laboral.

Neste sentido, desde o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), centro dependente da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, acaban de realizar en Mondoñedo e Lugo dúas xornadas técnicas de sensibilización sobre os riscos nos aproveitamentos forestais, en colaboración coa Asociación de Primeira Transformación da Madeira de Lugo (LugoMadera), e que foron impartidas por Miguel Ameijide Seijas, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais e enxeñeiro técnico forestal na devandita asociación.

1) Sinalizar os aproveitamentos forestais

ISSGA LUGOMADERA RISCOS FORESTAIS CARTAZ 1

Como punto de partida para reducir os riscos de accidente resulta clave planificar os aproveitamentos forestais, e un primeiro paso para iso sería sinalizar a zona onde se vai a realizar a corta de madeira.

“Sinalizar os aproveitamentos forestais é o comezo dunha boa planificación”, subliña o técnico de LugoMadera. E é que os traballadores, o persoal de mantemento ou os transeúntes poden verse ameazados polos traballos forestais realizados nas proximidades de estradas, camiños, etc.

Por tanto, as pistas, camiños forestais, rurais, etc. que dan acceso aos aproveitamentos forestais deberán estar sinalizados indicando a toda persoa que poida circular por eles os riscos que implica o aproveitamento.

Existen distintos modelos de sinalización, pero en todo caso, deben ser claras e visibles, tanto para traballadores como para terceiros, e é preciso revisalas periodicamente para cerciorarse de que están ben colocadas. A sinalización debe informar sobre os perigos, as prohibicións e obrigacións de todos os traballadores que accedan.

ISSGA LUGOMADERA RISCOS FORESTAIS CARTAZ 2

2) Planificar como se vai a realizar o aproveitamento forestal

O seguinte paso antes de realizar a curta sería planificar como se vai a realizar o aproveitamento forestal, para o que existen distintos modelos de documentos por parte do Issga.

Na devandita planificación débese deixar constancia dos seguintes datos:

-Datos do aproveitamento: quen promove, monte, polígono, parcela, data, municipio, provincia

-Relación de traballadores que traballan no aproveitamento

-Empresa ou empresas que interveñen no aproveitamento

-Identificar as máquinas que interveñen no aproveitamento

-Identificar as máquinas e que equipos desenvolven os traballos

Pero tamén no documento débese:

-Identificar os factores de riscos que existen no aproveitamento

-Identificar os factores de riscos que atopamos nos aproveitamentos para dar as instrucións de seguridade.

ISSGA LUGOMADERA RISCOS FORESTAIS FORMULARIO 1 ISSGA LUGOMADERA RISCOS FORESTAIS FORMULARIO 2

3) Factores de riscos que podemos atopar nun aproveitamento forestal

A este respecto, debemos identificar e analizar os distintos factores de riscos que podemos atopar nun aproveitamento. En concreto, debemos dar instrucións aos traballadores:

-Se temos liñas eléctricas no aproveitamento.

-Se nos atopamos árbores enganchadas e/ou apeadas.

-Informar das condicións orográficas que podamos atoparnos (pendentes, precipicios, etc.)

-Se existe presenza de niños de avispas velutinas.

4) Factores meteorolóxicos: a calor

As altas temperaturas poden provocar golpes de calor aos traballadores forestais, polo que tamén se deben extremar as precaucións neste sentido.

A este respecto, o Ministerio de Sanidade ofrece un sistema gratuíto para recibir no correo electrónico e no teléfono móbil a predición das temperaturas e do nivel de risco da provincia solicitada.
https://www.sanidad.gob.es/ciudadanos/saludamblaboral/planaltastemp/2023/home.htm

5) Medidas preventivas contra o frío, a choiva e os fortes ventos

Para unha planificación correcta dos aproveitamentos forestais debemos ter en conta as condicións meteorolóxicas adversas para poder paralizar os traballos no caso de que sexa necesario. Os traballadores deben ter medidas de abrigo e protección fronte ao frío e a choiva e a dirección, mentres que a intensidade e dirección do vento é un importante factor a ter en conta nos aproveitamentos forestais.

6) Medidas de emerxencia:

Débese xeolocalizar a parcela e xeolocalizar tamén un punto de encontro para que poidan chegar os medios externos a prestar auxilio a calquera persoa accidentada. Lémbrase que o teléfono de emerxencias é o 112.

“A organización en caso dunha emerxencia salva vidas”, conclúe Miguel Ameijide.

ISSGA LUGOMADERA RISCOS FORESTAIS PUNTO ENCONTRO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información