Prevención de accidentes no uso do tractor

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), pon ao dispor dos e das agricultoras unha guía para o uso seguro do tractor.

Prevención de accidentes no uso do tractor

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), está implementando en Galicia o programa ‘A túa vida sen voltas’, unha iniciativa para potenciar o uso de elementos de seguridade cando se usa un tractor.

Búscase reducir ao menor número posible os riscos que pode traer o uso de maquinaria agrícola aplicando as medidas de seguridade aprobadas por diferentes organismos autonómicos, nacionais e da Unión Europea.

Esta guía, como o resto da documentación desta campaña, foi deseñada e elaborada polo grupo de traballo do sector agrario da  Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST), no que o Issga  participa activamente. O seu obxectivo é remarcar a  importancia da instalación de estruturas de protección e o cinto de seguridade, así como no uso destes elementos. A continuación nomearanse unha serie de puntos clave a seguir.

1-A estabilidade

A estabilidade inclúe os seguintes conceptos:

-O centro de gravidade, resultado das forzas aplicadas sobre o tractor (peso, por exemplo). Se o tractor ten dúas rodas motrices o centro de gravidade está entre os dous eixes, máis cerca do traseiro, lixeiramente riba del e no plano transversal medio do tractor.

-Zona de estabilidade: é un espazo delimitado polas liñas imaxinarias que unen os puntos onde o pneumático toca co chan. Esta zona está influída pola distancia entre os diferentes puntos. Canto máis distancia entre os eixos e máis ancho de vía da máquina, máis estabilidade e menos risco de envorcamento.

O equilibrio será estable cando as forzas actuantes sobre o tractor conflúan no centro de gravidade. O vehículo volve á posición de estabilidade grazas ao seu peso.

-Envorco lateral e cara atrás: o primeiro dáse cando o centro de gravidade traspasa as liñas de estabilidade laterais. O segundo cando o punto de gravidade traspasa a liña de estabilidade de atrás.

Os tractores con tracción nas catro rodas son máis estables por teren o punto de gravidade máis adiantado que os tractores con tracción en dúas rodas. Por outra parte, aqueles tractores con ancho de vía estreito tampouco son moi estables ao reducir a lonxitude de liñas de estabilidade, ao revés daqueles cun ancho de vía máis aberto. Tampouco ofrecen garantía de estabilidade os tractores altos pois o punto de gravidade tamén está elevado

-Forza centrífuga: é a forza coa que o tractor tende a envorcar cando describe un movemento circular. Esta forza (Fcf) é a suma da velocidade coa masa do tractor e a curvatura da traxectoria.

Esta forza é directamente proporcional á masa do tractor e inversamente proporcional ao radio da curvatura da traxectoria. A Fcf é maior canto máis pesado é o tractor e máis pechada é a curva. Se o radio da curvatura queda reducido á metade a Fcf é dobre. (A Fcf é igual á velocidade elevada ao cadrado). Se duplicamos a velocidade coa que circulamos a Fcf é 4 veces superior. Se triplicamos a velocidade a Fcf multiplícase por 9.

Unha viraxe dun tractor nun terreo horizontal produce unha forza resultante R causada polo peso do vehículo máis a forza centrífuga, con esta manobra elevamos o centro de gravidade. Por iso, virando cara arriba sumando estes factores o risco de dar volta (envorcar) aumenta.

Coa Fcf podemos contrarrestar o efecto da pendente. Cando o xiro se fai costa abaixo, a resultante, R, tende a orientarse cara o centro de gravidade.

issga tractor 1

2-Situacións perigosas e normas de seguridade

-Terreos con desnivel: En terreos con desnivel débese circular afastado de zonas con desnivel. Tamén se debe deixar un espazo moi amplo para facer unha manobra xunto a un desnivel. Se existe o risco de derrube no terreo deberanse tomar distancias de seguridade dependendo de onde estea máis firme o chan. Non é recomendable circular sobre bordos con vexetación pois poden ocultar desniveis ou fochancas. Se se circula entre parcelas que están en diferentes niveis débese tomar o acceso axeitado ou o construído para tal finalidade. Evitar subir e baixar os noiros ou paredes de desnivel.

-Xiros, cambios de sentido e circulación en pendentes: A circulación a velocidades elevadas nunha curva pode provocar un envorcamento (o mesmo unha manobra rápida querendo estabilizar o tractor). Se se realizan xiros amplos hai que reducir a velocidade antes dunha curva ou, se se vai por unha pendente ou con equipos pesados, debemos cambiar o sentido da marcha.

-Circulando nun plano inclinado: o punto de gravidade queda desprazado cara a liña de estabilidade lateral e a Forza centrífuga pode empurrar o tractor facendo que caia sobre o lado máis inclinado.

issga tractor 2

-Os cambios de sentido na marcha sobre unha pendente deben facerse con manobras lentas para que a parte de diante do tractor quede na zona máis baixa do terreo. Irase marcha atrás para subir. Logo, para baixar, débese ir marcha atrás segundo a dirección de máxima pendente e volver virar o tractor en sentido descendente para seguir en sentido oposto (cola de andoriña).

-Evitar subir pendentes acentuadas levando apeiros pesados ou remolques cargados.

-Se descendemos con xiro en pendente arrastrando un remolque, débese facer coa marcha máis curta para non perder o control do tractor.

-Subir as pendentes marcha atrás e baixar cara adiante. Se levamos equipo
enganchado na parte dianteira do tractor débese subir para adiante e baixar marcha atrás.

-É moi recomendable usar o ancho de vía máximo do tractor.

issga tractor 3

3-Irregularidades do terreo

-Non circular sobre obstáculos ou depresións do terreo porque poden ocasionar perdas de equilibrio. A maior velocidade e máis inclinación do terreo o tractor pode envorcar.

-Ir a velocidades moderadas e axeitadas ao estado do terreo.

4-Sistemas de freado e aceleracións bruscas

-Durante unha circulación normal nun desprazamento os pedais de freo deben estar axustados cun ferrollo de bloqueo para que as rodas de atrás freando a un tempo. Frear de maneira descompensada pode provocar o envorcado, o mesmo cando frea unha soa roda debido á forza centrífuga.

-Os freos asimétricos deben aplicarse só para terreos agrarios e velocidades moi reducidas.

-Débese evitar a aceleración e o freado brusco con cambios de velocidade progresiva.

5-Chans esvaradíos

-Ir a alta velocidade por terreos inseguros e esvaradíos pode provocar unha caída. O mesmo se se circula por un desnivel. En ambos os casos recoméndase reducir a velocidade.

6-Bloqueo rodas traseiras, atrancos ou resistencias no terreo

-Non se recomenda usar calzos nas rodas motrices nin acelerar de súpeto.

-O envorque para atrás pode producirse cando o eixo de atrás non pode virar, e isto fará que o chasis rote arredor do eixo elevando a parte de diante do tractor.

-Sempre se recomenda o uso doutro tractor para liberar o que non se pode mover tirando del marcha atrás.

-Durante os traballos no campo co tractor se este queda atrancado non se debe acelerar nin embragar de maneira brusca. Convén usar elementos ou apeiros recomendados para este labor.

-Se se eleva a parte de diante do tractor deberase desembragar inmediatamente para que o tractor volva a unha posición segura.

7-Circulación con equipos acoplados

-Usar equipos suspendidos que polo seu peso ou dimensións non fagan envorcar. Lembrar que cando se colocan equipos ao tractor o centro de gravidade trasládase aos límites da zona de estabilidade. Todo dependerá de onde se coloquen e do seu peso.

-Os equipos deben ter unhas dimensións e peso óptimos que non ofrezan resistencia ao avance do tractor creando movementos perigosos.

-Arando deberase evitar volteo do arado durante o mesmo momento que se vira o tractor durante os cambios de sentido do labor, (voltear sempre antes ou despois do cambio de sentido da marcha).

-Cando se opere lateralmente por pendentes, os equipos enganchados deberán estara adaptados á parte superior da pendente achegándose o máximo ao chan.

ISSGA TRACTOR 4

-Non remolcar cargas acopladas no punto máis alto do enganche tripuntal do tractor, isto aumenta o ángulo de tiro e o apancamento da carga. A acción provocará que o centro de gravidade se aproxime á liña de estabilidade traseira. Recoméndase usar unha barra de tiro.

-Colocaranse os contrapesos diante se levamos remolque con carga ou equipo suspendido. Isto mellora a estabilidade e mantén o punto de gravidade.

-Aumentarase a velocidade de maneira progresiva.

-Comprobar que o lastrado é idóneo para cada situación de traballo consultando o manual de instruccións do acoplado.

issga tractor 5

8-Cargador frontal

-A elevación da pa do cargador frontal despraza o centro de gravidade cara adiante e arriba, reducindo a estabilidade e aumentando o risco de envorco. Para evitar isto, é mellor usar un contrapeso recomendado.

-Colocar a carga tan perto do chan como sexa posible antes de iniciar o desprazamento.

-Se o tractor levanta de atrás a pa bate ao chan antes de que o tractor envorque.

-Verificar a ausencia de obstáculos, depresións, etc.

-Os desprazamentos e xiros deberán efectuarse a baixa velocidade e a pa deberá estar baixa antes de xirar. Recoméndase non baixar pendentes coa pa cargada.

9-Estruturas para evitar envorcos

-Uso de ROPS (Roll Over Protective Structure), estruturas que evitan ou limitan riscos ao condutor no caso de perda de punto de gravidade do tractor durante o seu uso habitual.

-O ROPS absorbe a enerxía de impacto.

-O condutor pode acabar esmagado se non se usan ROPS.

issga tractor 6

-Dun bastidor: leva dous postes.

-De dous bastidores: leva catro postes.

-Poden ser dous postes colocados diante do condutor ou detrás.

-Fixos ou abatibles. Estes últimos deberán estar homologados e cando se usen estarán ben despregados.

A instalación de ROPS:

Séguese o Anexo I do Real Decreto 1013/2009, páxina 19, onde figuran as datas de entrada para o uso obrigatorio dos ROPS, aínda que son moitos os tractores que non os usan.

Ante a falta de ROPS as solucións pasan por mercar un novo tractor que os teña instalados de serie. Isto supón un custo elevado por iso poden colocarse ROPS sobre tractores xa en uso. Os ROPS deberán estar homologados e ensaiados para o modelo de tractor sobre o cal se colocarán (bases na web do MAPA).

En caso de non haber ROPS homologados para un modelo determinado poden instalarse conforme ao establecido no Manual de Reformas Vehiculares. Tamén pode seguirse este procedemento para substituír ROPS danados.

10-Cinto de seguridade

O cinto deberá estar dentro da zona de seguridade da ROPS seguindo o Regulamento da UE número 167/2013, que obriga a inclusión do cinto de seguridade na homologación do tractor (agás tractores de categoría T3 e C3 con masa en baleiro a 400 kg).

A instalación do cinto seguirá as pautas establecidas no Real Decreto 866/2010. Se non ten puntos de ancoraxe deberanse instalarse uns homologados ou, substituír por un novo asento con puntos de ancoraxe.

Descarga aquí a guía sobre “A túa vida sen voltas”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información