Río lanza o seu novo leite fresco pasteurizado de pastoreo 100% galego

O pasto ao aire libre, a alimentación natural e o coidado do medio ambiente son as principais características do novo producto do grupo Lence, que establece un seguimento cuadrimestral do cumprimento do mínimo esixido de estancia en liberdade dos animais, de extensión de terreo por cada un deles e dos parámetros de calidade do leite

Vacas pastando en una de las 35 ganaderías de las que sale nueva leche de pastoreo de Río de Galicia

Vacas pacendo nunha das 35 ganderías das que sae o novo leite de pastoreo de Río de Galicia

Río de Galicia, marca emblema do grupo Lence, lanza o seu leite fresco pasteurizado de pastoreo 100% galego e procedente de granxas certificadas. Actualmente, nesta primeira fase de lanzamento, o leite procede de 35 explotacións agrarias da comunidade galega.

Todas elas contan cos requisitos de calidade esixidos baixo a premisa de leite de pastoreo da marca: un mínimo de 2 hectáreas por vaca en lactación, animal que ademais terá polo menos 6 horas diarias de pasto ao aire libre durante 120 días ano. Para garantir o mantemento destes requisitos e a calidade do leite de pastoreo, realizaranse auditorías de seguimento cuadrimestrais nas granxas adheridas.

O leite procede de 35 ganderías seleccionadas ás que se realizan controis cada catro meses. As vacas deben pacer ao aire libre polo menos 6 horas diarias durante 120 días ao ano

Durante esas xornadas, os animais son libres de exercer os seus hábitos naturais de pastoreo en liberdade e de modo continuado. Nese tempo, os produtores rexistrarán o acceso ao pasto das vacas, anotando as datas de inicio e fin de cada período, co fin de garantir o cumprimento dos tempos ao aire libre. Todo iso fai desta nova liña unha produción máis controlada e limitada, incluíndo actualmente unha produción de 30.000 botellas diarias.

Leite fresco pasteurizado

3D Botella Leche Rio Fresca de Pastoreo Entera 1L 230421 (002)

“Estamos ante un leite fresco que non se somete ás elevadas temperaturas do leite UHT (Ultra High Temperature), razón polo que mantén as súas propiedades nutricionais intactas, conserva as bacterias propias do lácteo, que son beneficiosas para a flora intestinal, o chamado segundo cerebro. Así mesmo, conserva en maior cantidade as vitaminas B e A e o calcio, de mellor absorción para o organismo que o procedente doutros grupos de alimentos. Isto faia ser o leite máis consumido en Europa e está recomendada para toda a familia, especialmente para nenos e adolescentes”, destaca a empresa que dirixe Carmen Lence.

A súa presentación no mercado é en botella de litro, cun envase sostible, libre de aluminio, elaborada de plástico procedente nun 89% de orixe vexetal

Coa posta no mercado do leite de pastoreo, o grupo Lence quere recuperar ese sabor primigenio e orixinal do leite galego de outrora, a clásica e tradicional que producen as vacas alimentadas nos verdes pastos de Galicia, unha das comunidades con mellor materia prima para facelo posible.

Envases máis sostenibles, con menos plástico e un 89% de orixe vexetal

Print

O grupo Lence avanza na súa estratexia de sustentabilidade dando novos pasos na súa aposta para reducir a súa pegada de carbono e as emisións de CO2. Con ese obxectivo, o seu buque insignia, Río de Galicia, renovou a súa gama de envases, coa incorporación de modelos máis ecolóxicos, con menor presenza de plástico e de fácil reciclaxe.

Así, os novos bricks da marca, que xa se poden atopar nos lineais de venda, están elaborados nun 89% en material de orixe vexetal. Unha porcentaxe que é posible grazas a que un 70% do envase realízase empregando cartón de orixe 100% materia prima certificada. A este avance súmase o feito de que o pouco plástico que se utiliza no tapón e nas capas intermedias do envase elabórase con polímeros procedentes de cultivos responsables.

A compañía renovou os modelos dos seus bricks para ofrecer unha proposta máis ecolóxica e respectuosa co medio ambiente

Grazas a estes cambios, cos que se mantén a seguridade e calidade dos produtos de cada envase, é posible reducir ao máximo as emisións de CO2 e loitar contra o cambio climático diminuíndo o uso dos combustibles fósiles.

Esta acción forma parte do plan estratéxico da compañía, que inclúe un amplo apartado destinado á sustentabilidade e loita contra o cambio climático, onde se inclúen máis accións de ecodeseño ás que se suma un paquete dirixido a mellorar o tratamento de residuos coa vista posta na economía circular; a optimización das rutas de transporte para reducir as emisións; unha maior aposta polo consumo Km0 e unha redución no consumo de auga durante os procesos de fabricación.

As dúas principais marcas do grupo Lence, Río de Galicia e Leyma, avanzan cara á redución da pegada de carbono

Con esta aposta de grupo, as dúas principais marcas do grupo, Río de Galicia e Leyma, cuxos envases sostibles xa se lanzaran en 2020, avanzan de maneira clara a un proceso de envasado máis respectuoso co medio ambiente e cara á redución da pegada de carbono.

O grupo Lence traballa diariamente con 435 explotacións gandeiras do rural galego, o 75% dun tamaño mediano e pequeno. Compra e transforma toda a súa produción en Galicia, sendo a terceira por volume de recollida de leite na comunidade, o que a converte nunha empresa clave para o sector lácteo galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información