Propostas para disfrutar do enoturismo en Galicia en Semana Santa

Publicidade
Propostas para disfrutar do enoturismo en Galicia en Semana Santa

As adegas socias as rutas dos viños do Ribeiro e de Rías Baixas ofrecen para Semana Santa unha proposta de turismo atractivo que combina viño, gastronomia e patrimonio, contando con estrictas medidas sanitarias que garanten á máxima seguridade nas súas actividades.

Velaquí a oferta de actividades:

Denominación de Orixe Ribeiro:

Adegas Celme, vermú e gastronomía.

Esta adega emprazada no Concello de Castrelo de Miño, ofrece dúas actividades para descubrir os seus novos produtos, o Vermú e o Viño tostado.

Maridaxe con Celmú (xoves 1 e sábado 3 ás 13:00h) Esta actividade inclúe visita ó viñedo e adega con explicacións do traballo en ecolóxico da viña e diferentes elaboracións dos viños e vermú, así como o proceso do viño tostado no secadoiro de uva. Cataranse un viño branco e o vermú que se acompañará cunha maridaxe de varias propostas gastronómicas.

Celme, pan e queixo (venres 2 o domingo 4 ás 12:00h) Esta actividade inclúe visita ó viñedo e adega con explicacións do traballo en ecolóxico da viña e diferentes elaboracións dos viños e vermú, así como o proceso do viño tostado no secadoiro de uva. Cataranse 3 viños acompañados dunha selección de queixos e pans.

Máis información e reservas en www.adegascelme.com

Cuñas Davia, experiencias enogastronómicas.

Situada no Concello de Cenlle, Cuñas Davia aposta neste días por unha oferta centrada na gastronomía e viño. Sen esquecer que o visitante se vai a atopar cunha instalación de máis de 800 anos que inclúe unha sala de exposicións. Na recepción ofrecerase un cóctel de benvida e a visita remataría cun menú maridado cos viños da adega.

Para máis información e reservas www.vinosdoribeiro.es

Pazo Tizón, cultura e viño

Na parroquia de Moldes no Concello de Boborás, atopamos esta adega integrada no pazo que leva o mesmo nome, unha construción do século XVIII que se completa co patio axardinado e a riqueza monumental que o rodea. Esta bodega ofrece unha visita guiada con degustación que inclúe un paseo polo viñedo anexo ao pazo, e a Igrexa de Moldes.

Mais información en www.pazotizon.com

Viña Costeira, picnic con historia

Unha adega que definiu a súa estratexia de enoturismo ligada ao Pazo de Toubes, unha construción do ano 1742, onde gozar da historia e das delicias da gastronomía galega

A Orixe do Ribeiro,

Unha experiencia que te achega á orixe desta Denominación de Orixe a través do Pazo de Toubes, unha adega que garda todos os segredos do primeiro viño galego. Na visita amosarase o proceso de elaboración dos viños para finalizar cunha cata guiada acompañada por petiscos de produtos da nosa gastronomía.

Picnic entre viñedos

Esta actividade inclúe a visita áo Pazo de Toubes e coñecemento de variedades autóctonas para rematar cun picnic no viñedo que inclúe unha ampla variedade de produtos gastronómicos galegos.

Para máis información e reservas www.costeira.wine

Cóidate e goza

O Hotel Balneario Laias caldaria deseña unha actividade que combina, saúde, benestar e enogastronomía. Durante os días de semana santa os visitantes poden gozar de aloxamento, tratamentos termais, visita a bodega, menú degustación e percorrer en bicicleta eléctrica o entorno natural de Laias.

Máis información: www.caldaría.es

A cultura do viño

No Concello de Ribadavia, na parroquia de Santo André de Camporredondo está o Museo do viño de Galicia, ofrece visitas individuais e en grupo de xoves a domingo. Este edificio foi construído no século XVIII como priorado dependente do Mosteiro de San Martiño Pinario de Compostela, dedicado principalmente á produción de viño. O Museo dispón dunha exposición permanente centrada no proceso de elaboración do viño e o seu cultivo.

https://museovinogalicia.xunta.gal/gl

A cidade, Castro de San Cibrao de Las

Un dos castros máis senlleiros de Galicia, coa particularidade de que presenta certa similitude coas citanias do Norte de Portugal. Ten unha situación privilexiada no Monte de San Trocado no Concello de San Amaro dende onde se divisa a espectacularidade do val. Coa visita guiada existe a posibilidade de visitar o centro de Interpretación da Cultura Castrexa.

www. https://pacc.es/

Visita a Ribadavia-Casco Histórico:

Genuine Galicia organiza visitas, polo Casco histórico de Ribadavia, para descubrir os principais lugares e monumentos da Vila de Ribadavia, o barrio xudeo, o castelo, igrexas, Praza Maior, Casa da Inquisición, Museo etnolóxico. Historias e anécdotas da capital do Ribeiro, acompañado por un guía local.
Máis información e reservas: https://genuinegalicia.com/rutas/visita-a-ribadavia-casco-historico/

Para descubrir moitas máis adegas visitables, recursos patrimoniais, gastronomía visita a paxina web: www.rutadelvinoribeiro.com

Denominación de Orixe Rías Baixas:

Os asociados da Ruta do Viño Rías Baixas, integrada no Club de Produto das Rutas do Viño de España, retoman a súa actividade por Semana Santa. A relaxación nas restricións de mobilidade levou a que unha trintena de establecementos -entre adegas, hoteis e restaurantes- abran as súas portas durante estes días festivos para ofrecer diverso tipo de actividades enogastronómicas.

“A Ruta do Viño Rías Baixas é unha alternativa ideal e de proximidade para gozar da Semana Santa, nunha fermosa contorna natural, lonxe de aglomeracións e con todas as medidas de seguridade e prevención contra a COVID-19. Nunha época na que a mobilidade se atopa tan restrinxida, a mellor alternativa é descubrir de primeira man de experiencias tan nosas como as que ofrece o noso itinerario enoturístico para poder gozar en familia, coa parella, con amigos ou en soidade”, indica a xerente da asociación sen ánimo de lucro, Lorena Varela. Entre as propostas máis populares atópanse “as visitas guiadas en torno ao proceso de elaboración dos viños do D.O. Rías Baixas”.

As propostas varían desde paseos entre Xardíns de Excelencia Internacional, percorridos entre camelias até degustacións de viños do D.O. Rías Baixas desde unha terraza con vistas ao mar. Cabe lembrar tamén que este tipo de propostas enogastronómicas pódense combinar co descanso en hoteis e casas rurais asociadas, así como cos pratos típicos da zona en restaurantes.

“Todo iso baixo as máis estritas medidas de seguridade e prevención contra a expansión da COVID-19”, afirma Lorena Varela. A xerente da Ruta do Viño Rías Baixas lembra que, para iso, “os nosos asociados participaron en diversas accións formativas específicas e contan con todos os materiais necesarios para promover o enoturismo seguro”, conclúe.

Máis información nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información