A Ribeira Sacra e o seu potencial enoturístico, a debate este xoves na Adega Algueira

O lugar escollido vén de ser recoñecido na VIII edición del concurso International Change Industry Awards, como a Mellor Experiencia Enoturística de España.

Publicidade
A Ribeira Sacra e o seu potencial enoturístico, a debate este xoves na Adega Algueira

As diversas potencialidades da Ribeira Sacra e o turismo, tanto enolóxico como vacacional, son dous aspectos importantes para esta comarca, por iso se considera necesario renovar ideas sobre todas as posibilidades do turismo, sobre todo o enoturismo. Así, a Adega Algueira da D.O. Ribeira Sacra, subzona de Amandi, vén de ser recoñecida na VIII edición del concurso International Change Industry Awards, como a Mellor Experiencia Enoturística de España, galardón que premia o achegamento do viño ao gran público.

Con estes antecedentes a adega é o lugar escollido para acoller unha charla coloquio que leva por título, “A Ribeira Sacra como destino enoturístico de excelencia”. O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte de Lemos organiza esta cita que conta coa colaboración da D.O. Ribeira Sacra.

Así, este xoves, 23 de novembro, de 11:00 a 14:00 desenvolverase unha mesa coloquio na que se tratará de identificar nichos de mercado para o enoturismo na Ribeira Sacra, centrándose na innovación, na colaboración e na procura da excelencia. O obxectivo é involucrar ás adegas na orientación cara un turismo de calidade centrado no enoturismo e identificar oportunidades de emprendemento neste sector.

A inscrición farase a través deste enlace. A actividade desenvolverase conforme ao seguinte programa:

⦁ 11:00h Recepción de asistentes e benvida
⦁ 11:15h Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego
⦁ 11:30h Mesa Coloquio: as empresas participantes contarán a súa experiencia no enoturismo e
debaterán diferentes temas. Participantes:
⦁ D.O. Ribeira Sacra (moderador)
⦁ Adega Algueira
⦁ Ponte da Boga
⦁ Vista Sacra + Adega Castrofiz + Finca Quinteliña
⦁ Enoturismo Galicia
⦁ Mais que románico
⦁ Terras Gauda
⦁ Entre Vides

⦁ 12:30h Pausa-café
⦁ 13:00h Dinámica de proposta de solucións ás necesidades identificadas na mesa coloquio
⦁ 13:45h Exposición das conclusións de cada mesa de traballo
⦁ 14:00h Peche da xornada

11 Jornada en Adega Algueira_23112023

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información