Este mércores 18 de outubro tivo lugar na sede do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Pontevedra-Morrazo, en Pontevedra, a inauguración da exposición “A Ruta dos Viños Oceánicos”, un itinerario enoturístico e cultural pola Indicación Xeográfica Protexida, Ribeiras do Morrazo que esta a impulsar este GDR.
A exposición está baseada nunha realidade histórica, antropolóxica e económica que xira arredor da tradición vitivinícola na comarca do Morrazo, así como nos concellos de Pontevedra, Redondela e Poio. Trátase dunha ruta inspirada nos principios definitorios marcados pola UNESCO para os Itinerarios Culturais e que une os diferentes concellos e comarcas cuxa arraigada tradición cultural tivo como protagonista os viños e as castes da IXP Ribeiras do Morrazo.
A ruta xira en torno a tradición vitivinícola das terras da IXP Ribeiras do Morrazo, o forte carácter atlántico, o patrimonio material e inmaterial, a gastronomía e a cultura; e percorre os principais atractivos dos concellos de Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Vilaboa, Pontevedra, Poio e Redondela.
Ao acto de inauguración asistiron os alcaldes , alcaldesas e demáis representantes dos concellos do territorio, as adegas da IXP e numerosas persoas ligadas ao mundo do viño e do turismo.
Na xornada ademais de dar a coñecer os valores da ruta , púidose desfrutar da actuación musical de Xabier Blanco e, por suposto, dos viños de Ribeiras do Morrazo.
Próximas actividades
Entre o 27 de outubro e 24 de novembro celebraranse 4 eventos temáticos, cunha mesa redonda ou faladoiro, una peza musical relacionada co tema do coloquio e catas comentadas para probar e coñecer mellor os viños de Ribeiras do Morrazo.
Velaquí o programa: