Probas de abril de mellores xovencas xenómicas: Galicia copa os primeiros postos

Confederación de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) acaba de publicar a actualización das probas xenómicas de femias correspondentes ao mes de abril.

Nesta ocasión, e como xa vén sendo habitual, os primeiros postos destas futuras nais, están copados por ganderías galegas. Así, a mellor xovenca por ICO, CASAGABINO PRECISIO.MEI FIV ET , con 1356 puntos, pertence a gandería Casa Gabino, de Friol (Lugo). Coa mesma puntuación e en segundo posto sitúase LSCG 275 GUIRI 102 FIV ET, de  Landeira SCG, de Negreira (A Coruña). Empatada tamén co mesmo ICO,a terceira praza é para VALLS-GOL 673 LIS ET, da gandería catalá Valls-Gol SCP en Aravell, Lleida. E o cuarto posto, con 1346 puntos, correspondente a ABONXO GIGANTIC ROSALIA ET, da gandería lalinense BLANCO ABONXO SC.

Este é un resumo das 25 mellores xovencas xenomicas por ICO:

conafe xovencas xenomicas abril vintecatro

Consulta aquí os resultados completos das Mellores Xovencas Xenómicas de España:

– 1.000 Mellores xovencas xenómicas por ICO
– 1.000 Mellores xovencas xenómicas por IGT
– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TLEITE
– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TQUEIXO
– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TPASTO
– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TECO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información