A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Os bioestimulantes de Yara poden marcar a diferenza entre unha boa e unha mala colleita

Hoxe en día existen multitude de solucións foliares para axudar ao millo para dar o máximo de si

Os bioestimulantes de Yara poden marcar a diferenza entre unha boa e unha mala colleita

Daniel Baizán, asesor técnico de produción de Delagro.

Son moitos os factores que poden impedir un correcto desenvolvemento da planta de millo, e moito o que está en xogo respecto a os resultados da colleita. Poder proporcionar ao cultivo as ferramentas para facer fronte a condicións adversas, permítenos evitar que as plantas cheguen a padecer situacións limitantes que ocasionen unha perda de rendemento. Hoxe en día existen multitude de solucións foliares para axudar ao millo para dar o máximo de si pero non todas teñen os mesmos resultados. Delagro, conxuntamente con Yara, poñen ao dispor dos gandeiros unha serie de produtos que buscan

“O estrés da planta pode deberse a factores ambientais como a falta de auga pero tamén pode vir provocado por desequilibrios na nutrición do chan. O primeiro que temos que ter claro, mesmo antes do momento da semente, é a importancia de que o chan estea equilibrado e que posúa todos os nutrientes necesarios, polo que é altamente recomendable levar a cabo analíticas do chan coas que detectar posibles carencias”, explica Daniel Baizán, asesor técnico de produción de Delagro.

Existe un efecto positivo dos bioestimulantes nas propiedades biolóxicas do chan, nas actividades encimáticas e no incremento da biomasa bacteriana e fúnxica do mesmo. Prodúcese tamén un aumento da bioactividade que permite transformar os nutrientes orgánicos en formas minerais dispoñibles para as plantas, máis rapidamente, aumentando o aproveitamento dos nutrientes dispoñibles no solo.

“Ante a falta de auga, as xeadas ou altas temperaturas, a planta non aproveita todos os nutrientes que ten o solo e isto pode comprometer os resultados da colleita. Por iso é polo que é fundamental poder evitar que se produzan estes episodios, maximizando a eficiencia e eficacia nutricional para a planta a través da prevención”.

“En Delagro queremos ofrecer a gandeiros e agricultores das nosas cooperativas socias solucións que lles axuden a incrementar a produtividade dos seus cultivos”, detalla Daniel Baizán. “Levamos moitos anos traballando con Yara, maior fabricante do mundo de fertilizantes e sabemos que os seus bioestimulantes marcar a diferenza entre unha boa e unha mala colleita” continúa.

Un exemplo destes produtos, son os nutricionais foliares de Yara. “En xeral, son produtos de aplicación foliar que se caracterizan por ser respectuosos co medio ambiente, supoñendo un gran avance ao ofrecer produtos novos e sostibles que complementan o uso de fertilizantes convencionais. A súa función é poñer ao dispor das plantas os nutrientes principais para que desenvolvan todo o seu potencial e poidan facer fronte a o estrés abiótico ao que ven sometidas”.

“Achegar extractos de algas demostrou ser un recurso moi valioso para activar os mecanismos naturais de defensa da planta, beneficios observados no crecemento, a sanidade e o rendemento dos cultivos e que se atribuíu en parte á subministración de nutrientes esenciais pola degradación da materia orgánica e á mellora das características do chan. As algas en xeral, e especialmente Ascophyllum nodosum, son especies con elevado contido en fibra, macro e microelementos, aminoácidos, vitaminas e fitohormonas. Este é o caso, o bioestimulante Optitrac de Yara con tecnoloxía Biotryg, que consegue que as plantas estean máis fortes e sexan menos susceptibles fronte a posibles ataques de pragas e enfermidades”.

“Yara ofrece tamén os seguintes produtos deseñados tecnicamente co obxectivo de achegar valor; YaraVita LAST N, formulación nitroxenada enriquecida cuxa función é axudar á planta para maximizar a asimilación do nitróxeno e YaraVita MAÍZ, que inclúe a nutrientes clave nos primeiros estadíos vexetativos e é un produto altamente mezclable con outros agroquímicos, o que evita aplicacións específicas e propicia un aforro en tempo e diñeiro”.

En conclusión, “o que conseguimos apostando pola aplicación destes produtos, partindo sempre dun solo ben equilibrado, é lograr que a planta estea máis preparada para afrontar situacións de estrés (climatolóxicas, deficiencias/excesos do chan, falta de auga, pragas e enfermidades) o que deriva nun mellor desenvolvemento e un sumo aproveitamento do potencial da variedade, mellorando o rendemento e, en definitiva, a rendibilidade”.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *