María Hermida Ferro, xefa de servizo da Finca de Mouriscade, expuxo na xornada organizada por Delagro sobre “Mellora do Manexo no ensilado de Forraxes” os datos da evolución de resultados analíticos de forraxes en explotacións gandeiras de Galicia.
A partir dunha ampla mostraxe das analíticas do laboratorio de Mouriscade, a súa principal conclusión foi que a calidade das forraxes de herba diminuíu en Galicia nos últimos anos, cun menor contido en proteína bruta e unha maior porcentaxe de materia seca.
Cal é a situación actual?
O punto de partida, segundo expuxo María Hermida, “é que entre o ano 2008 e o 2015 a porcentaxe de proteína bruta -o nutriente polo que máis se vai valorar unha forraxe- mantívose case invariable entre o 11,6 e o 12,4%”.
Así se recolle na seguinte gráfica correspondente a máis de 12.000 mostras do ano 2015:
ENSILADO PRADERA AÑO 2015 (12.901 muestras ), expresados en % |
||||||
PH |
MS |
PB |
FB |
FAD |
FND |
|
Mínimo |
3.7 |
12.3 |
2.7 |
12.4 |
17.8 |
31.2 |
Máximo |
7.0 |
82.0 |
27.9 |
48.4 |
58.8 |
84.2 |
Media |
4.46 |
33.2 |
12.4 |
31.1 |
36.0 |
55.7 |
Desv. |
0.31 |
9.9 |
3.09 |
3.78 |
4.08 |
6.1 |
Uns valores que non son moi diferentes dos rexistrados no período 2008-2015, tal e como se reflicte na seguinte táboa:
pH |
MS |
PB |
FB |
FAD |
FND |
|
Año 2008 |
4.18 |
32.2 |
11.6 |
31.5 |
36.0 |
57.2 |
Año 2012 |
4.43 |
34.6 |
12.3 |
30.4 |
35.2 |
55.1 |
Año 2015 |
4.46 |
33.3 |
12.4 |
31.1 |
36.0 |
55.7 |
Caída da porcentaxe de proteína bruta nos silos de herba de Galicia
Sen embargo, os datos dos anos anteriores a 2008 amosan que houbo unha tendencia á caída da porcentaxe de PB. O Labotario de Mouriscade dispón de miles de mostras de analíticas de silos de herba e de millo, o 90% procedentes de Galicia, desde o ano 1997, o que lle permite ter unha maior perspectiva temporal. E os resultados da evolución da porcentaxe de proteína bruta nos silos de herba de praderías de primavera entre 1997 e 2008 é o seguinte:
Para María Hermida, as conclusións que se derivan a partir deses datos foron que:
-En sete anos os valores dos diferentes parámetros apenas sufriron variación.
-No ano 98 temos un % de PB de 14.8 e no 2015 de 12.4 %, o que supón un – 2.4 %.
A pregunta que se fixo a xefa de servizo da leira de Mouriscade foi se o gandeiro é consciente do valor económico que ten un bo ensilado de pradeira. E a resposta, na súa opinión, é que “hai unha necesidade evidente de tratar mellor os silos de herba de pradeira en Galicia”. Neste sentido, María Hermida preguntouse se, do mesmo xeito que se fixo no caso dos silos de millo, “os técnicos preocupáronse o suficiente por trasladar ao gandeiro a necesidade de mellorar a calidade dos seus silos de herba e como deberían facelo”.