Os prezos do leite soben en Europa e o Ministerio lánzalle unha advertencia ás industrias

Os prezos do leite soben en Europa e o Ministerio lánzalle unha advertencia ás industrias

Reunión da Mesa Láctea en Madrid.

Madrid acolleu unha reunión da Mesa Láctea, un foro convocado polo Ministerio de Agricultura con presenza de organizacións agrarias, Federación Nacional da Industria Láctea (Fenil) e asociacións das cadeas de supermercados. O encontro serviu para que o Ministerio lle lanzase dúas mensaxes claras ó conxunto do sector. Primeiro, os prezos do leite están subindo no campo en Europa, pero non en España. E segundo, o Ministerio ten datos que apuntan que as granxas non cubren custos de produción, unha situación que pode poñer en marcha unha cadea de inspeccións e sancións.

En concreto, o secretario de Agricultura, Fernando Miranda, advertiu de que cos datos do Observatorio de la Cadena, as granxas “dificilmente poden cubrir custos de produción, situación que se agravou nos últimos meses”, segundo detalla o propio Ministerio en nota de prensa.

Durante o encontro, o Ministerio explicoulle ó sector as disposicións relativas ós custos de produción e á non destrución de valor ao longo da cadea, “cuxa inspección corresponde á Axencia de Información y Control Alimentario (AICA)”.

Prezos en Europa
O propio Ministerio alude ademais, na súa nota de prensa a que estase producindo unha circunstancia adicional no sector: “A diferenza de prezo que cobran polo leite os gandeiros españois é cada vez maior con respecto ó que cobran ós gandeiros europeos”, cuestiona.

En outubro, os datos do Observatorio Lácteo Europeo apuntan un prezo medio no conxunto de Europa de 38 céntimos, cun aumento no que vai de ano superior ós 3 céntimos. Son datos similares ós que presentan grandes países de referencia, como Francia, onde o prezo se situou en outubro en 40 céntimos (+3 céntimos en comparación con xaneiro) ou Alemania, con 37,96 céntimos (+ 3,2 céntimos en comparación con xaneiro).

En España, mentres tanto, os prezos mantéñense estancados en arredor de 33 céntimos. En outubro, o prezo en concreto foi de 33,20 céntimos (+ 0,20 en comparación con xaneiro).

No encontro, as organizacións agrarias reclamaron a actuación de oficio da AICA para correxir estas situacións. Por parte galega, estiveron presentes Román Santalla e Roberto García (Unións Agrarias) e Francisco Bello (Asaga), un día antes da concentración celebrada este xoves ante Lactalis en Vilalba (Lugo).

A protesta ante Lactalis abre o pulso do agro coa industria

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información