Oferta de visitas guiadas gratuítas á Finca Mouriscade

Están abertas a grupos de ata 35 persoas de centros educativos, asociacións ou outros colectivos, permiten coñecer o laboratorio, a granxa e as terras de cultivo da considerada quinta mellor granxa de España en calidade xenética animal

Oferta de visitas guiadas gratuítas á Finca Mouriscade

Imaxes da Finca Mouriscade. / Fonte: Imaxes de arquivo

A Deputación de Pontevedra oferta a centros educativos, asociacións ou outros colectivos, visitas guiadas e gratuítas á Finca Mouriscade de Lalín, cun sentido didáctico e formativo en torno á vangarda investigadora en varios aspectos do sector agroalimentario. As visitas, que poden formalizarse a través de laboratorio.mouriscade@depo.es e están abertas a grupos de ata 35 persoas e permiten coñecer o laboratorio, a granxa e as terras de cultivo. Poden formalizarse cunha antelación mínima de 72 horas á data proposta.  

A través dela pódese coñecer en profundidade o traballo desenvolvido por este centro de referencia en Galicia en canto á análise e investigación avanzada sobre alimentación, enfermidades e xenética dos animais, especialmente das vacas de raza frisoa, que son as máis comúns na provincia de Pontevedra e en Galicia, pero tamén do gando porcino e aves. 

No laboratorio estúdase a calidade dos alimentos e a prevención de enfermidades, así como realízanse análises de auga e xermes. Pola súa banda, na granxa trabállase na mellora xenética do gando a través da transferencia embrionaria, procurando que os gandeiros poidan ter animais máis saudables e produtivos. Ademais, os refugallos que se producen na Finca Mouriscade empréganse na fabricación de enerxía para autoconsumo na planta de biogás.

Finalmente o percorrido contempla unha visita ás terras de cultivo que, cunha superficie de 44 hectáreas,  están destinadas na súa maior parte a cultivos de millo, para realizar ensaios de mellora da alimentación do gando así como investigacións sobre os fertilizantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información