Resultados da poxa de gando frisón de Finca Mouriscade

20240402_poxa_mouriscade (1)A Deputación de Pontevedra acaba de celebrar na Finca Mouriscade a segunda poxa de animais de gandería , coa asistencia de 22 gandeiros da provincia así como doutros puntos de Galicia. Na poxa vendéronse un total de 11 vacas de raza frisoa que contaban cun prezo de saída de 1.900 euros, chegando algunha delas a alcanzar os preto de 3.000 euros.

En canto aos gandeiros asistentes á poxa, a maioría proviñan do concello de Lalín, aínda que tamén se presentaron doutros puntos da provincia, como Rodeiro. Ademais, o interese pola poxa chegou incluso ao resto de provincias galegas, coa participación de ganderías de Sarria, en Lugo; Santa Comba ou Brión, na Coruña, ou San Xoán de Río, en Ourense.

A granxa da Finca Mouriscade é a quinta mellor explotación gandeira de toda España. En menos de tres anos, a gandería dependente da Deputación de Pontevedra pasou do posto número 35 ao 5 no índice combinado ICO, que avalía a calidade xenética dos animais. Esta clasificación apuntala o centro como unha referencia no sector agrogandeiro nacional e sitúao só por detrás de dúas ganderías barcelonesas, unha coruñesa (terceira) e a lalinense G. B. Gandería.

As tenreiras que naceron en Mouriscade a partir dos últimos embrións, así como o traballo realizado polos profesionais do laboratorio, están a contribuír de xeito decisivo á mellora xenética das ganderías da provincia. Nestes momentos Mouriscade conta con varias reses entre as mellor puntuadas de España.

20240402_poxa_mouriscade (3)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información