Obradoiro básico teórico e práctico de elaboración de queixos este xoves en Lugo

Obradoiro básico teórico e práctico de elaboración de queixos este xoves en Lugo

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC celebra nas súas instalacións este xoves 26 de outubro, a partir das 9.00 horas, un obradoiro básico de elaboración de queixo que inclúe formación teórica e práctica.

A inscrición nesta actividade, incluída no Plan de Formación do Campus Terra 2023 e orientada a alumnado e tamén a axentes do sector produtivo,  é de balde e xa permanece aberta en liña. As prazas son limitadas e o taller será impartido por técnicos da APLTA.

O programa formativo desenvolverase en quenda de mañá, de 9.00 a 15.00 horas. Nas sesións teóricas, as persoas participantes poderán ampliar coñecementos respecto da distinta tipoloxía de queixos: frescos, pasta branda, pasta prensada, pastas azuis, pastas floridas, pastas filatas, queixo fundido…

As clases prácticas permitirán ao público asistente ser protagonista do proceso de elaboración dun queixo tipo Arzúa-Ulloa e coñecer así de primeira man os distintos procesos que van desde a preparación do leite, coagulación, corte-axitación, deslactosado-salgadura, preprensadura-moldeamento-prensadura-desmoldeamento, secado e maduración.

Enlace á inscrición

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información