Continúa a recuperación dos prezos da manteiga, do queixo e do leite en pó na UE

PREZOS LACTEOS UE ABRIL 24O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións da cuarta semana de abril dos produtos lácteos nos mercados internacionais. O mes conclúe na UE cunha suba no prezo da manteiga -que se mantén en prezos altos-, e tamén cunha recuperación das cotizacións do leite en pó desnatado e do queixo cheddar. A caída da produción tanto en Europa como en Estados Unidos axuda a esta recuperación dos prezos.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta semana de abril para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 574 €/100 kg, +1,3 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 239 €/100 kg, -0,7 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 364 €/100 kg, +2.2 % ,,
-Queixo cheddar: 392 € /100 kg +0,9%

En Italia o prezo do leite spot segue á baixa e quedou esta semana nos 0,428 euros o litro.

Polo que respecta á producción, os datos oficiais disponibles confirman que entre xaneiro e febreiro caeu a produción na Unión Europea nunha media do 0,6% respecto aos mesmos meses de 2023.

En Estados Unidos tamén houbo unha caída das entregas de leite en febreiro do 1,3% e do 0,7% no Reino Unido, mentres que en Nova Zelandia a produción subiu un 1,9% respecto a febreiro do ano pasado.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información