O Ministerio convoca as axudas para sufragar a moratoria dos créditos a explotacións lácteas

O Magrama destina un máximo de 500.000 euros a esta liña de axudas. O gandeiro non deberá abonar, nin o principal, nin os intereses do capital pendente de amortizar

Publicidade
O Ministerio convoca as axudas para sufragar a moratoria dos créditos a explotacións lácteas

Vacas da explotación SAT Gaveiro

Administración convocante: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

Enlace axuda:

Prazo:

Resumo:

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente orzou un máximo de 500.000 euros -anualidade de 2016- para sufragar a moratoria dos préstamos dos que se beneficiarán os gandeiros do sector lácteo. O BOE publica hoxe Orde AAA/2875/2015 do 14 de decembro pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións aos acordos de carencia dun ano de duración con prestatarios que sexan titulares de explotacións de vacún de leite.

Refírese aos gandeiros que soportan actualmente préstamos concedidos ao amparo dos Reais Decretos 613/2001, do 8 de xuño, para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias, e 204/1996, do 9 de febreiro, sobre melloras estruturais e modernización das explotacións agrarias.

Ell Ministerio puntualiza que poderían conceder subvencións por unha contía adicional de ata 200.000 euros, sempre que exista previa declaración de dispoñibilidade de crédito.

A carencia especial debe ser dun ano de duración e afectará ao vencemento do principal posterior á aceptación da solicitude do prestatario por parte da entidade financeira. Durante ese período, o prestatario non deberá abonar, nin o principal, nin os intereses do capital pendente de amortizar. Unha vez finalizada a carencia do préstamo, renovaranse as obrigacións do prestatario.

O Ministerio financiará os intereses, remunerando ás entidades financeiras por cada carencia concedida en función do capital pendente e do tipo de interese establecido nos convenios, recolle a Orde, que entra en vigor  o 5 de xaneiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información