O dron: unha nova tecnoloxía para a fertilización do millo

A utilización destes dispositivos facilita a incorporación de bioestimulantes e outras sustancias a cultivos en calquera momento do seu ciclo productivo, ademais de permitir a reducción da cantidade aplicada co conseguinte aforro para o agricultor

No marco da nova PAC e das medidas acorde ao Real Decreto de Nutrición Sostible, a cooperativa Delagro organizou unha xornadas formativas sobre fertilizantes e cultivos forraxeiros con especies mellorantes o pasado 27 de Xullo, en Santa Comba (A Coruña). Este evento incluíu unha demostración de aplicación de fertilizante con dron nun momento clave para a floración do millo en colleita, no cal, non se podía aplicar de xeito manual ou con maquinaria pesada.

“Nesta aplicación con dron imos utilizar bioestimulantes, que consisten en compostos orgánicos que axudan a combater o estrés abiótico froito de altas temperaturas, seca, etc.”, explica o responsable do departamento de bioestimulantes de Yara Iberia, Carlos Martín. Neste sentido, “as cantidades a aplicar son a ultra baixo volume, e como se observará o dron leva entre 20 e 30 litros que serven para cubrir dúas hectáreas de cultivo, neste caso de millo”, detalla o responsable de producións vexetais de Delagro, Javier Caneda.

“A aplicación é a ultra baixo volume, e como se observará o dron leva entre 20 e 30 litros que serven para cubrir dúas hectáreas” (Javier Caneda)

Esta tecnoloxía con dron tamén permite xeolocalizar a parcela e facer un seguimento do tratamento vía satélite, e sen a necesidade de estar presente na finca. “Queremos probar os tratamentos aplicados sobre este cultivo de millo, para iso, despois faremos un seguimento cun par de satélites que temos en órbita, os cales detectan as parcelas escaneadas polo dron, logo métense nun programa e sabemos os índices de fotosíntese que está tendo o millo”, amplía Carlos Martín.

Este tipo de tratamentos aéreos contan con restriccións legais que atinxen ao propio dron, polo que as limitacións principais son ás necesidades de solicitar permiso en espazo aéreo, ou non sobrevoar puntos cerca de aeroportos ou preto de liñas de alta tensión. Aínda así, “isto é unha cuestión que lle pode interesar a calquera agricultor pola súa viabilidade técnica e económica, polo que aquelas cooperativas con ou sen parques de maquinaria deberán estar atentas a estas novas tecnoloxías porque vai ser servizo demandado”, avanza Javier Caneda.

“As cooperativas deberán estar atentas a estas novas tecnoloxías porque vai ser servizo demandado” (Javier Caneda)

A fertilización desta parcela dividiuse en tres franxas, en cada unha das cales se utilizaron tratamentos diferentes. Na primeira delas abonouse cun producto a base de silicio, Exacticil, outra con un bioestimulante foliar en base a algas, Optimaris, e unha terceira que consiste nun combinado das dúas. Agora, daráselles seguimento para ver o comportamento do millo desde a súa aplicación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información