Lista de nomeados aos Premios Mágnum do Viño Galego 2016

Os Premios Mágnum, convocados polo Instituto Galego do Viño, teñen por obxectivo fomentar a excelencia no sector e afianzar a imaxe de Galicia como referente mundial de viños e profesionais do viño do máximo prestixio.

Publicidade
Lista de nomeados aos Premios Mágnum do Viño Galego 2016

Entrega dos premios Mágnum do Viño Galego en 2015

O Instituto Galego do Viño celebrará o vindeiro día 7 de marzo ás 19:30 horas a Gala de Entrega de Premios da VI Edición dos Premios Mágnum do Viño Galego na que se recoñecerán os traballos e profesionais máis destacados do sector do viño en Galicia no último ano.

Os nomeados

O xurado concede estes galardóns en seis categorías entre as que se atopa o Mágnum Honorífico que se lle concede a unha destacada personalidade pola súa contribución en prol do viño galego.

Na categoría de Mellor Viño Galego compiten:
Lousas Parcela Seoane 2014 (Envínate)
Soro 2011 (Rafael Palacios)
Muradella Tinto 2012 (Quinta da Muradella)
Goliardo Caíño Finca Genoveva 2013 (Forxas do Salnés)

O premio ó Mellor Viño Revelación Galego (viños cun máximo de dúas colleitas no mercado) está entre:
Castro Candaz. A Boca do Demo 2013 (Raúl Pérez & Rodrigo Méndez)
Azos do Pobo 2014 (DaTerra Viticultores)
Bastarda 2013 (Fedellos do Couto)
Miñato da Raña 2014 (Nanclares y Prieto)

Pola súa banda, os catro aspirantes ao título de Mellor Adega Galega (entendida como colección de viños):
Adegas Guímaro
Nanclares y Prieto Viticultores
Bodegas Albamar
Dominio do Bibei

Ao recoñecemento á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego optan:
Vide, Vide! Espacio Enocultural
Luis Gutiérrez
La Alacena Roja
A Emoción dos Viños

O Mágnum ó Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego se disputa entre:
José Martínez (Casa Solla)
Eduardo Camiña (Culler de Pau)
Xurxo Rivas (O Secreto)
José Luis Aragunde (Ribeira De Fefiñáns)

En canto ao gañador do Mágnum Honórifico, este darase a coñecer na propia Gala de Entrega dos Premios.

O xurado

O xurado dos Premios Mágnum está composto por recoñecidos profesionais que forman parte do Claustro de Profesores do Instituto Galego do Viño entre os que se atopan sumilleres, viticultores, enólogos, distribuidores e críticos de viños, representando deste forma aos diferentes ámbitos profesionais do viño. Son os seguintes: Ferrán Centelles, César Ruiz, Miguelanxo Besada, Adrián Guerra e Fernando Filgueira, Mario Barrio, Xosé Lois Sebio, Xosé Luis Mateo, Esther Daporta, Luis Díaz, Jorge Vila e Xoán Cannas.

Os premios

Os premios estarán respresentados, un ano máis, por seis obras de arte; seis fermosas esculturas realizadas por Alejandra Sampedro que consisten nunha revisión da botella mágnum á que incorpora as crebas que arrastra o mar en torno ao faro Silleiro e que outorgan exclusividade a cada peza.

Toda a información http://www.premios-magnum.com/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información